Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fumando Espero...

lunes, 29 de noviembre de 2004
¡Que tremendo impacto a comezo dos anos sesenta cando a voz cálida, sensual, agresiva, de Sara Montiel cantaba aquel "Fumando espero / al hombre que yo quiero...".

Era todo un símbolo de modernez, de europeismo, unha muller que fumaba e -por riba- cantaba con voz rexa abrindo portas a un mundo descoñecido donde o fumar era posiblemente a antesala de tódolos vicios (e placeres).

Corenta anos despois, fumar non é politicamente correcto; case non é correcto en sí mesmo.

Eu, que nunca cheguei a fumador, que non conseguin que o tabaco me gostase, cos anos fun forxando un antitabaquismo pacífico, unha tolerancia resistente, que me permitiu vivir en paz con fumadores desde sempre, do mesmo xeito que me acomodo ós novos malos tempos para o fume, coa "Lei seca" que está entrando en vigor a pasos axigantados.

Hoxe é difícil ver nunha pantalla un fumador. Onte, nunha obra de teatro, "Pares y nines", sí vin alguén fumando. E o meu coche aínda ule ó tabaco que un amigo me deixou nunha viaxe efectuada hai xusto unha semana.

Cada día. unha nova volta de tuerca. Nos bares de tal país non deixan fumar; nos espacios públicos do noso, vai pasando o mesmo. O fumar vai quedar reducido ós e ás que esperan por alguén que se fai agardar.

Sara Montiel segue a fumar puros inmensos. Pero do mesmo xeito que Sara só é unha lembranza dun pasado que se nos foi, o tabaco vai camiño de extinguirse pola forza da lei e non por eses avisos que as caixiñas de cigarriños levan indicando perigos coma o cancro, impotencia ou directamente a morte.

Eu teño un parente que, como non ve dun ollo, derivou hacia ese lado a chimenea do seu permanente cigarro, tendo na face marcado o rumbo ascendente do fume do tabaco. Que o fume non nos quite de ver os perigos do tabaco. Que as prohibicións non o fagan máis atractivo. Que a droga do tabaco non poida connosco.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES