Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empobrecemos Cataluña

viernes, 30 de diciembre de 2011
Que é difícil manter a harmonía entre as “rexións e nacionalidades” do Estado español está moi claro para todos. Como tamén está claro que as tensións viñanse producindo tradicionalmente por parte de Euzkadi, manifestada dun xeito especialmente violento cunha banda terrorista con traxectoria de décadas, e de Cataluña que cifraba no aspecto económico de xeito especial a súa acción sen esquecer que a política posibilitaba o maior benestar económico.

España “estanos facendo máis pobres” pontificou Durán i Lleida no recente debate de investidura, reclamando un novo pacto fiscal para obter o que consideran xusto trato político e económico.

Das tres nacionalidades históricas do Estado español, Galicia é a única que non xenera conflictos, sexa porque o noso temperamento é máis conformista, sexa porque somos a comunidade máis pobre e, polo tanto, máis beneficiada da pertenza a esta unidade.

No País Vasco, abandoada a violencia, entenden que a dinámica pacífica é tamén un xeito excelente de conseguir progresar, e a entrada da esquerda radical nas institucións abríu un novo tempo no que o feito de camiñar iranos dando a perspectiva axeitada para evaluar o presente e especular sobre o futuro.

Eliminada a violencia en Euskadi, deixando de ser ese un dos nosos principais problemas colectivos, arrecian os cataláns coas súas apetencias – esixencias – diferenciadoras. Que lles van moi ben, como queda perfectamente demostrado. E non se trata de lembrar que o seu progreso actual procede en boa parte da man de obra barata que do resto de España lles mandamos durante moito tempo, e seguimos mandándolles, senón que tamén somos o mercado natural para os productos cataláns que non serían o mesmo sen o resto de España no que apoiarse, comerciar e fortalecerse.

Queremos crer que é só un recurro verbal o de que o resto de España empobrece Cataluña. Pero as palabras son tamén importantes á hora de manter unha relación correcta entre persoas e comunidades. A Duran i Lleida fóiselle a man. Consciente ou inconscientemente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES