Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai que pagar

viernes, 23 de diciembre de 2011
Aínda racionalizándoa, pola sanidade imos ter que pagar. Xa estamos pagando e moito a través das cotizacións de todos, que ninguén regala nada e as administracións – como o seu nome indica – non fan outra cousa que administrar os bens ou diñeiros que todos poñemos nas súas mans para destinalos a fins comúns.
O da sanidade é un dos máis voluminosos capítulos de gastos dos orzamentos de calquera comunidade, neste caso da galega. E as modernas instalacións que se foron poñendo en marcha, cos milleiros de traballadores especializados que albergan está claro que nalgún momento teñen que chegar ao teito do investimento posible por moito que se estea a aforrar en medicamentos coa política de xenéricos, que a todos debe beneficiar.
O que ocorre que ningunha autoridade competente ousa abrir claramente a caixa dos tronos para dicir a situación exacta e a previsión de futuro. E o Presidente da Xunta, se ben desaconsellou cobrar por consultas, tratamentos ou intervencións cirúrxicas, ten previsto outro tipo de gravames por utilización que seguro contemplaremos non tardando moito.
O de cobrar por consultas un canon mínimo para evitar a masificación e intentar que só acudan ao médico os que verdadeiramente o precisan, non sería mala fórmula se fose unha cousa puramente simbólica e mesmo só se aplicase aos que acoden sen precisar atención médica.
Pero do que agora se fala é do posible cobro por servicios non específicamente sanitarios aínda que si ofrecidos pola Seguridade Social. Empezando polo copago dos medicamentos, que non se rexeria pola actual diferenciación de trballadores/xubilados, senón en base ao nivel de renda do propio enfermo. E despois temas como as duchas, o comer e o dormir nas instalacións sanitarias que, segundo que casos, poderían proporcionar sustanciosos ingresos ao sistema sanitario vixente. Enténdese que estas son prestacións non sanitarias e que se o paciente na súa vivenda habitual ten uns gastos determinados ao día, eses gastos poden repercutir dalgún xeito durante a súa estadía nun hospital, non afectando de ningunha maneira aos seus tratamentos médicos.
O tema é moito máis ca un ruxe, ruxe, e o Presidente da Xunta xa se pronunciou ao respecto. Polo tanto, teñámolo en conta. Na asistencia sanitaria, teremos que pagar. Non no principal, si no accesorio; non nos tratamentos sanitarios, si nos complementos a eses tratamentos que tiñan convertido as instalacións sanitarias en establecementos hosteleiros de primeira orde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES