Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Salvadores

jueves, 22 de diciembre de 2011
Vanse uns salvadores para vir outros. E o mundo coma sempre. Uns poucos de acabalo da grande eguada, a cal cada pouco máis burricana, máis esgotada, máis esmeluxada...agónica..., polos empurros dos palafreneiros, quenes non deixan de ser outros coma esta, en aparencia, mais co músculo da cachola botado a perder.
Cando estas bestas non valgan, montamos nas outras! –din os amos, e asinten os palafreneiros -, que para iso estamos nós para vos montar a todas!-
E os que non nos metemos con niguén, que nin pregamos para nós, nin contra outros (claro que iso sería como ir comulgar e dicir que vés xantado). cóllenos de por medio, entre estas garrapatas salvadoras e as bestas: Que o demo me leve se vín cousa ao paso!.
Unhas, onte coitadas, prendidas das herbas, aproveitaron que pasou o bicho, e ¡pumba! prendéronse nel as condenadas, firme o ademán, coa paixón dun namorado ofuscado por unha muller que vive nun país de dez millóns de homes sendo ela sóa.
E as bestas a tirar do arado...e do carro.
Os pecadores sen pecado, non imos tirar do carro, nin do arado.
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES