Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ensino público / ensino privado

jueves, 22 de diciembre de 2011
Imos ver. Sonlles eu neto de mestra nacional, fillo e sobriño de profesoras de primaria e irmán de profesor, coma min, nun IES; estudei no Curros Enríquez, logo no Instituto Marsculino, o da Ponte, e para concluír na pública universidade compostelá. As únicas clases privadas que pisei na miña vida foron un mes na academia Pereira Padilla para aprender a escribir a máquina, quince días nun curso de iniciación a Word en Caixa Galicia e si, un par de cursos en Mari Clara Silva por iso de reforzar o inglés que Pilar Lorenzana nos ensinaba no Instituto. E punto.

Logo, xa de docente, exercín un curso nos Salesianos –do que gardo un excelente recordo- e, oposición mediante, pasei a un instituto. Sonlles puro produto da pública, do esforzo dos profesores -e meu propio, supoño- nun momento no que os medios eran infinitamente menores a hoxe. Nin eu nin as miñas fillas estudamos en centros privados de élite, como a Compañia de María de Madrid -como fixo Alfredo Pérez Rubalcaba, por exemplo-, nin nos Maristas de Ourense, como Pachi Vázquez. E nada, absolutamente nada, contra a decisión das súas familias nin contra eses centros. Faltaría máis. Como as xenealoxías: tanto me ten que o pai de Rubalcaba fose aviador franquista na guerra como capador de grilos no 5º Rexemento -cada un pelexaba onde lle cadraba- pois sabemos por herdeiros da revolución francesa, que cada un é reponsable dos seus actos e vale polo que fai por si mesmo, non por ser fillo de. Cambio a muleta de man.

A Civilización é unívoca. Só hai unha. A que inventou a penicilina, os dereitos humanos ou os avións. O oposto é a barbarie. Por iso, Gadaffi, seica bárbaro, foi matado por bárbaros. Ou cambia ese país -e moitos dos que andan nesas- ou acaban todos da parte da barbarie. Pola contra, culturas hai moitas. Tantas como inculturas. Un tipo que en castelán diga “Para que haiga frio tiene que marchar la calor” é un inculto, un ignorante, -polas causas que sexan- porque o estándar da cultura dicta outras cousas. Un tipo que en galego diga “o estógamo do périto” pois outro tanto. A oposición establécese, entre sabedoría culta (libresca, universitaria, de formación regrada, un médico, por exemplo) e sabedoría popular (formación desde a curiosidade, experiencia e traballo, coñecementos prácticos da vida, digamos un “enxertador” ou un “compoñedor de ósos”) por unha parte, e a ignoracia máis palmaria, privada ou pública, pola outra.

E na actualidade que a maioría das TVs abandonaron a filosofía de Estudio Uno, Barrio Sésamo ou La Clave pola de Salvame de Luxe e lograron que a única profesión que seduza aos nenos e nenas de maiores sexa “famoso”, o único que se opón á ignoracia, xunto coa imprescindible responsablidade individual e familiar, é a escola. E aí non hai oposición posible entre escola pública e privada porque todos estamos da mesma parte, no esforzo contra a ignorancia. Por moitas eleccións que haxa, por moito debate que deba haber, non se debe perder as formas e desprezar, con anuncios disparatados, a historia do ensino público, os estudantes, os traballadores e os profesionais que saimos del.
Vázquez-Monxardín, Afonso
Vázquez-Monxardín, Afonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES