Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cunqueiro, outravolta, encheu Mondoñedo de entusiasmo

lunes, 19 de diciembre de 2011
O 17 de decembro de 2011, ninguén se lembrou en Mondoñedo (e ben que o celebro) do cabodano da degolación de Pardo de Cela, pois unha fermosa nube de xustiza campou pola memoria de Álvaro Cunqueiro e, como consecuencia, de todo Mondoñedo e da obra irrepetible deste xenio.
Din algún partes metereolóxicos que foi un día frío e chuviñento en Mondoñedo pero os que estivemos alí nin dos decatamos pois gozamos dun ceo limpo e azul polas horas do día, as rúas ateigadas de xente e o ceo estrelado pola noite. Onte Mondoñedo foi Fuenteovejuna e da man do Merlín de Álvaro Cunqueiro exterminou de vez e para sempre un desdén aletargado. So unha nube, a do destino, escureceu o día, cando se nos comunicou o pasamento do pai do benquerido amigo e mellor veciño, Paco Piñeiro.
Fomos convocados alí por Luis Fernández Ansedes, polos integrantes da Asocación Abrindo Camiño e de todas os demais colectivos colaboradores.
Pola mañá na Casa da Xuventude compartimos mesa para falar da obra de Cunqueiro, Paco Piñeiro, Armando Requeixo, Fran Bouso, moderador, e mais un servidor.
O texto de Paco Piñeiro, na voz da súa dona Mª Paz, aínda que por forza breve, deixou no aire o descoñecemento que temos do teatro cunqueirián pero como Paco anuncia unha investigación aberta que promete destapar un autor sensible aos tempos ae aos tráxicos momentos que llle tocou vivir, quedamos expectantes. Armando Requeixo, transmitiunos a emoción que sinte pola obra poética de Cunqueiro e a confrontación creadora do Cunqueiro poeta de preguerra, e o Cunqueiro desarmado de musas despois de 1939.
A min tocábame falar do Cunqueiro fabulador, e levaba canda a min a Perrón de Braña, a Borrallo de Lagoa, a Lamas Vello, ao Coxo de Entrebo e aínda ao Licho de Vilamor para que me auxiliasen para dicir que en todos eles está reflectida a paixón de Cunqueiro polas palabras, por contar, por inventar para consolar a imaxinación… e todos cadramos de acordo en que non debemos encerallarnos en discutir se a obra de Cunqueiro se encadra no realismo máxico, no marabilloso ou no irrealismo: Cunqueiro é Cunqueiro, e o nome de Mondoñedo sempre irá na súa compaña, polo menos mil primaveras máis.
Rematamos a mañá homenaxeando a Monalo Montero, un Merlín vivo e mago de verdade, e a todos os colaboradores e institituciósn, e fomos xantar sen sospeitar o que nos agardaba entre a noitiña e a madrugada.
Alí foi a Compaña e os trasnos, os druídas e os menciñeiros, as hostes e un bispo, e o gobernador que deu recibimento a tan boa xente.
Logo no Auditorio Municipal atarde veu preñada de charamenas encantadas cando comezou un espectáculo teatral e musical extraordinario. A disculpa era o Merlín e familia de Cuqueiro, boa desculpa mais o extraordinario non foi isto senón a enorme ilusión compartida por centos de persoas que foron quen de erguer nun escenario un emotivo canto á imaxinación.
Estou seguro de que este puido ser un dos grandes soños de Cunqueiro, celebrar a imaxinación coma se fose ciencia respectable. As máis de seiscentas persoas que asistiron ao espectáculo agasallaron con longuísimos aplausos o galano que nos ofreceron.
Non é posible dar aquí todos os nomes, desde nenos e nenas a adultos, músicos, iluminadores… que fixeron posible a maxia, case todos actores e actrices accidentais, pero a todas e todos, grazas. Sabemos que hai detrás un traballo inmenso de atrezo e que tamén é de xustiza resaltar os nomes de Isidoro Rodríguez, de Paco Piñeiro, de Xan Carballal e, sobre todo, de Elías Noël Fernández Ferreira.
Que non morra o entusiasmo, que non se apague este lume novo prendido polas mindonienses convocados pola obra de Cunqueiro.
Só queda, e sabemos que é posible, vestir de futuro esta ilusión.
Reigosa, Antonio
Reigosa, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES