Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despedida a un home bo, xusto e honrado

viernes, 16 de diciembre de 2011
PARA DON XOSÉ DOPICO MANSO DESDE MANDIÁ.

Benquerido Pepe “PICOS”:
Supoñía que algún día me tocaría dicirche oficialmente adeus no nome da Parroquia de Mandiá. Día de Santa Lucía, 13-12-2011. Día sinalado no calendario. Día para gardar coidadosamente na nosa memoria colectiva.
Calquera que visite os arredores das nosas contornas veciñais ou se achegue á parroquia, verá que todo nos fala de ti e da túa preocupación por todos nós: balaustradas de seguridade, raias pintadas de branco nas diversas escadas, beirarrúas, letreiros na barriadas, coidado do cemiterio e a animación comunitaria que fuches deixando ao longo dos teus case 93 anos. Faltan só quince días para o teu ‘cumpre’.
Téñolle escoitado moitas veces a quen perdeu seres queridos que nesa casa se producía logo un baleiro moi difícil de encher e que todas as esquinas e recunchos, todas as cousas, seguían a falar no silencio desa presenza ausente tan difícil de encaixar debidamente. A nós, colectivamente, pásanos iso.
Nos xornais só saen ‘os importantes’. Porén o mundo constrúeno ‘os insignificantes’, que coma ti dedicaron sinxelamente a súa vida aos demais.
Hoxe só temos bágoas nos nosos ollos pola dor de terte perdido e polo moito agradecemento gozoso que hai no noso corazón. Canto ben nos deixas feito coa inmensa dedicación que nos prestaches. Sabes que te queremos. Témoscho dito moitas veces, incluso cando che pediamos que acougaras un pouco e acompasaras o ritmo na entrega para dosificarte cando xa che empezaban a faltar as forzas. Ti es un modelo a imitar.
Ao enfermar María, a túa dona, cos seus cen anos, metícheste definitivamente dentro de nós. Sabiamos que aquilo era o comezo serio dunha costa abaixo. Hoxe, na túa condición de home crente, reencontrádesvos de novo. Fálalle a ela de nós e de toda a familia e desde esa presenza amorosa de Deus Pai, en tempos de Nadal, síguenos dicindo, aquilo que tanto nos agradou sempre: “Sondes unha bendición”. Vós si que o fostes, Picos!
Lembras naquela pequena homenaxe cando pasamos deixando que impuxerades as mans nas nosas cabezas, símbolo da transmisións do voso alento vital? Erades o matrimonio máis ancián da nosa freguesía. Canto nos tendes emocionado!
Tesnos alegrado moito a vida, Pepe. En ti temos un bo exemplo do que é ser un home de ben. Un home honrado e xusto. Se no mundo tivésemos todos a túa ética esencial non estariamos hoxe nesta crise que tantas calamidades está a traer para os máis desfavorecidos.
Esa imaxe de San Xosé, mimada por ti, cada vez que a baixemos por estas datas sempre nos falará de ti, como outro servidor bo, caladiño e fiel. Canto vos parecedes!
Benquerido Pepe Picos. Graciñas por todo e tamén a todos os teus. E se en algo faltamos, que de seguro que si, desculpa, querido velliño, querido avoíño.
Sabes que te queremos, compañeiro. Na despedida recibe un aplauso emocionado, porque del sempre fuches merecente polo teu estilo de vida. Ti non es un insignificante. Sabemos moi ben canto significas para nós!
No nome de todos, recibe a meirande amizade e admiración desta ampla veciñanza. Querido Pepe Picos, moitos biquiños. Sempre teus e de ti.


Xaquín Campo Freire. Párroco de Mandiá.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania