Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cen listillos

viernes, 16 de diciembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: OS CEN LISTILLOS

Ese grupo que lle chaman los “Cien Economistas” que coordina esa Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), pretenden darnos leccións aos cidadáns que a estas alturas xa fixemos a carreira de Economía na rúa, no traballo, na hipoteca, nas pensións, nos bancos, no paro, nos xornais, no ensino e sanidade. Estes Cen Economistas de Fedea, feden a neoliberalismo salvaxe. Son un “think tank” neoliberal ao servizo
da banca. É unha fundación patrocinada polos principais bancos do país e as empresas do Ibex. Intentan trocar o sistema español de pensións, predicindo que o sistema actual ía dar en quebra. Xa falaban de colapso en 1992, máis
tarde en 2004, logo para o 2010 e así continuamente.

O que queren é que a xente perda a confianza no sistema de pensións públicas e que “Juan Pueblo” acuda aos plan privados de pensións da banca, cousa que xa está nunha profunda crise e o seu futuro é incerto.

Fichan a economistas ultraliberais para defender posturas interesadas de privatizacións, desregulacións, baixadas de salarios, rematar co sindicalismo e recortes na sanidade e o ensino. Defenden a creación dun banco “malo” para socializar perdas da banca e privatizar beneficios.

Estes señores que lle vaian a dar cursos aos alienígenas en Marte e que se deixen da caralladas, xa que a súa credibilidade anda a rente do chan. Son como “mercenarios” ao servizo dunha guerra dos poderosos contra o pobo. Non falan desas grandes empresas ás que serven do fraude de 45 mil millóns de euros que fan ao ano. Nada din de recortes en defensa nin dos gastos públicos de 10 mil millóns a Igrexa, sen contar as subvencións ao ensino
concertado. Xa está ben de tanto ningunear ao pobo, non fai falla ir a unha Universidade para entender esa economía que defende estes de Fedea. Fede todo isto a podre.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES