Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30 anos de Parlamento en Galicia

viernes, 16 de diciembre de 2011
O 19 de decembro de 2011 cúmprense trinta anos – 19-12-1981- da sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, a primeira das nosas institucións que entrou en funcionamento sen que a inmensa maioría do país soubese que significaba e o papel que ía xogar no futuro.
Nos últimos anos do franquismo os berros da oposición –ilegal, por suposto- clamaban por “Libertad, amnistía e Estatuto de Autonomía”.
A liberdade foise conseguindo pouco a pouco, esa mesma liberdade fixo desaparecer do panorama político a mención á amnistía, e por fin Galicia disfrutou dun Estatuto de Autonomía.
Retroceder trinta anos, facendo un exercizo mental de viaxe no tempo, ofrécenos imaxes da constitución da Cámara en instalacións que hoxe ocupa o Rectorado da Universidade de Compostela, sendo os participantes xovencísimos políticos, en idade e experiencia, dos que algúns teñen xa desaparecido do mundo dos vivos, outros do eido da política e un será investido nos próximos días Presidente do Goberno de España.
Durante estes trinta anos, o Parlamento foi convertíndose en elemento imprescindible da vida política e social de Galicia, encarnando a autonomía e reflectindo na súa actividade diaria a problemática deste país. Daquel descoñecemento inicial pasou a un necesario protagonismo e, na actualidade, a unha existencia sosegada onde a actividade cotiá produce noticias políticas derivadas do traballo da Cámara sen ser a mesma Cámara noticia en sí.
Esa é a maior virtude do Parlamento neste momento: Que, en xeral, está arredado da loita política partidaria e diaria, e o seu funcionamento silencioso é a mellor garantía de que funciona e serve para o especial papel que o País lle ten encomendado.
30 anos de vida dunha persoa é moito tempo... É a terceira parte dunha vida longa. Para unha institución e para un País é un moi breve espazo de tempo, no que compre que todo se vaia asentando, de que o labor dunha institución se vaia facendo imprescindible, que as lexislaturas se sucedan e todo vaia adquirindo unha pátina que só o tempo e o exercizo poden proporcionar.
Felicidades ao Parlamento polos seus primeiros trinta anos. Felicidades, Galicia, e a todos os galegos, por ter institucións de noso, das que o Parlamento de Galicia é a pedra angular.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES