Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diante da Asemblea Nacional do Bloque

viernes, 16 de diciembre de 2011

DIANTE A ASEMBLEA NACIONAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

O Bloque Nacionalista Galego vai ranqueando cuns zurcidos que disimulan malamente as rachaduras que ten, pero iso sempre son componendas que non evitan que a prenda perda a súa naturalidade e vigor.
Despois de trinta anos de ser un referente fundamental do nacionalismo galego dende unha perspectiva de esquerdas , conseguindo -a veces con máis tino, outras con menos- manter a esperanza para moitos galegos dun alba de gloria, aínda que lonxana, posible, desgraciadamente vemos como se desartella, sobre todo por motivos internos, que moitos dos seus votantes non militantes contemplan abraiados e apenados, por tantos anos de crer e aportar o seu voto e agora observar a súa inservivilidade, porque un BNG tan enfrontado entre os seus componentes é un benega esteril.
Dentro duns días o BNG vai celebrar a súa Asamblea Nacional, e tal como van as cousas, máis que “sair reforzado”, como sempre se di ao final destes actos congresuais, corre o risco de “saír escaldado”.
Demasiadas diferenzas de tipo organizativo e de funcionamento. Demasiadas discrepancias nas propostas do que hai que facer. Demasiadas confrontacións e descalificacións entre os seus membros. Demasiadas manobras dos aparatos. Demasiadas incapacidades para xestionar acaidamente as situacións conflitivas. Todo isto dificulta a posibilidade de conseguir un BNG rexenerado no seu interior e revitalizado no seu exterior
Tal como eu o vexo, nestes momentos a Asemblea Nacional debería preocuparse máis do discorrer do proceso dos debates, que das conclusións políticas que se saquen, que penso son moito menos antagónicas do que parece. Porque nunha situación como na que se atopa o Bloque, onde os virulentos desaxustes convivenciais dominan e condicionan totalmente a organización, as actitudes, como mecanismo para lograr que os debates sexan realmente positivos, pasan ao primeiro plano se se quere salvar ao BNG. Actitudes que propicien a humildade fronte a prepotencia; o acordo ou trasacordo fronte a intransixencia; a dúbida razonable e razonada fronte a certeza dogmática; o respeto e interese pola opinión do outro fronte á indiferenza e o desprezo por ela; o escoitar sen prexuizos fronte ao rebatir por consigna; o convencemento argumentado fronte ao vencemento imposto; a cooperación solidaria fronte á competitividade arbitraria; a votación reflexiva e libre fronte á votación determinada por disciplina. Pautas de comportamento dun proceso asembleario cuxo principal obxectivo sexa a reconstrucción dun BNG cohesionado no seu espíritu, coherente na súa actuación e fraterno nas súas relacións.
Dificil?, pois de non seguir ese camiño, témome que a Asemblea Nacional se peche nun continuismo desalentador, onde os zurcidos continúen mantendo unha unidade forzada, porque ao fin e ao cabo hai intereses de representación institucional en xogo que ninguén quere perder, pero así non se solucionarán os problemas de fondo. A organización seguirá, entón, en combate consigo mesma que a levará a un permanente papel testemuñal sen interese ningún para o futuro dunha Galiza de seu. Noutro caso, os zurcidos rematarán cedendo cara un desprendemento fatal.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES