Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cantiga de encontro

jueves, 15 de diciembre de 2011
Un destes días coñecín por eiquí, pola República*, a un deses inescrutables homes que trouxo a inmigración, home que deixou de selo, para integrarse no espírito daquela.

Seu acento non o mata, delatao, coma a min, que constantemente teño que deixar patente -salvo a recordanza- de onde son, matizando, que son de onde é Compostela (que alá hai un país, probablemente o maís antigo de Europa) e voltando a matizar (para os que non saben de historia) que é camiño de retorno, non de ida, como case todo o mundo pensa.

Voltando ao meu recente coñecido, unha noite, alongándoa, puxémonos a cantar imitando malamente –moi malamente- a Brel, Brassens, etc., contra os desexos do taberneiro, mais non porque este fose un experto musicólogo, senón polo medo que tiña el dos veciños -esta vez o meu-.

Nun arrebato de vea patria galega misturada co seu sentir republicán, arremetemos:

Maruxiña, se ti queres,
vas facerme unha baguette.
Se ma fas, faima de millo...


(* Francesa)
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES