Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Si tú me dices ven…

jueves, 15 de diciembre de 2011
Ás veces un escolle o libro pola trama, outras polo autor, polas críticas recibidas, pola temática… hai múltiples razón para elixir unha obra e non outra nun momento determinado da nosa vida.

Ás veces mesmo nos deixamos levar por títulos suxerentes. Así me aconteceu cunha das miñas últimas lecturas. Elixin a obra de Albert Espinosa polo título: Si tú me dices ven lo dejo todo… pero dime ven.

No libro coñecemos a historia de Dani, un home de corenta anos que acaba de romper unha relación sentimental cunha muller coa que agardaba ter un fillo chamado Izan. Ela vaise e de inmediato el recibe un encargo: buscar a un neno desaparecido en Capri. Alí volve ao inicio da súa vida e recupera o sentido da mesma, salvándose de si mesmo e recuperando o amor perdido.

Afírmanse cousas como que amar só pode conxugarse en pasado e que querer é o presente. O autor deixa pasaxes para a lembranza ao escribir que na vida hai persoas que te alimentan con só velas, sen precisar nada máis, porque nos transmiten a enerxía que necesitamos. Pero talvez o mellor dos momentos do libro, ou o que eu escollería tras a lectura da obra é o que ten lugar cando a Daniel lle comunican o sentido da vida: que nos desparraman no mundo para que co tempo vaiamos encontrando aos outros catro diamantes necesarios para acadar unha vida plena. Afirma que algunas perlas pasan a ser diamantes, que cada oitenta ou noventa perlas aparece un.

A do diamante é unha fermosa metáfora que fai referencia a unha desas persoas que se fai tan básica e tan importante nas nosas vidas que semella creada unicamente para cada un de nós. Outra das afirmacións para apuntar é a que di: ‘recorda algo tan sinxelo como que querer é sempre máis valioso que que te queiran (…) Querer move e detén mundos. Que te queiran se ti non queres, acábate aletargando’ (p.198).

Despois desta lectura de Espinosa, na súa 13ª edición, achegueime intrigada a outra das obras anteriores firmadas polo autor catalán, tamén cun título curioso (lembremos unha das súas películas, ‘No me pidas que te bese porque te besaré):
Todo lo que podríamos haber sido tú y yo si no fuéramos tú y yo.

Aquí o protagonista é Marcos, un home que acaba de perder á súa nai, unha artista da danza que lle recomendaba ‘ser valente na vida, no amor e no sexo’.

Durante a viaxe que propón Espinosa nesta obra sabemos do desexo do protagonista por deixar de durmir, para estar sempre desperto e non ter que sufrir as consecuencias do insomnio padecido dende tempo atrás, pero tamén coñecemos que posúe un don para adiviñar o que pensa a xente e o que viviu con anterioridade. Precisamente iso conecta cun dos asuntos principais tratados na obra: o das distintas vidas gozadas polos personaxes, o que os fai confluír nalgún planeta en determinado momento. O fundamental é recoñecernos. Reencontrarnos. Así lle pasa a Marcos coa rapaza que cría tan especial para él despois de tela visto na praza do Teatro Español unha sola vez: era a súa filla.

Se tivera que quedar cunhas palabras extraídas do libro, as elixidas serían estas: ‘Nunca se sabe que atopará un tras unha porta. Talvez niso consiste a vida: en xirar pomos’. Son anacos para a reflexión, que convidan a pensar no día a día, nas pequenas cousas, que en realidade son a base da nosa existencia. Nisto é experto Albert Espinosa, un Enxeñeiro Industrial en Química, tamén é director de cine e guionista.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES