Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

150 Euros

jueves, 15 de diciembre de 2011
O problema da corrupción non se arregla con normas, nin con manifestacións. É un problema que xorde da raiz, da alma, e de pouco valen os remedios cando falla o esencial.
A Comisión de Asuntos Constitucionais do Parlamento Europeo ven de aprobar o novo código de conducta para os eurodeputados, no que se prohibe aceptar calquera agasallo que supere o custo de 150 euros.
Non pode negarse a intencionalidade de facer un texto que regule unha conducta que debera ser marcada polo sentido común e por normas non escritas que prevalecen por encima de calquera outra consideración.
As normas éticas entrarán en vigor o próximo primeiro de xaneiro como se puidesen poñerse portas ao campo, mesmo no sentido temporal da cuestión.
Cando a norma estea vixente, os eurodeputados deberán xustificar todos os agasallos e pagos extraordinarios que reciban, así como declarar calquera actividade que poida entrar en colisión cos intereses xerais da institución e co seu papel de representantes do pobo.
Ten que ser difícil establecer un punto de partida ou un punto límite ata o que un agasallo non ten importancia e onde empeza o problema de tipo legal precisamente por esa contía. Falta por establecer se esa contía se pode repetir de xeito periódico, en que número de veces, e se a procedencia do agasallo inflúe na importancia da súa recepción por un eurodeputado.
Un agasallo de 149 euros non ten importancia, e calquera eurodeputado poderá recibilo sen maior problema. 150 xa é outra cousa. Non se entende porque non se fai unha radical prohibición, entendendo que o problema non está na cantidade senón na calidade, non está no número de euros que valla o agasallo, senón no agasallo en si.
A decisión que afecta aos eurodeputados bota sobre eles un maior baldón de permisividade que se non houbese existido nunca. Esa prohibición supón a existencia dun problema recoñecido oficialmente. E a existencia dunha disposición coma esa é moi dubidoso que teña algún tipo de efecto beneficioso para a institución e para a saúde moral dos eurodeputados que a teñan afectada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES