Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Son humanos os políticos?

martes, 13 de diciembre de 2011
A pregunta podería formularse de innumerables maneiras, sendo a máis doada a de se hai que ter unha madeira especial para dedicarse á política?.

Calquera persoa que se dedique a unha profesión liberal, ao comercio, a industria ou o funcionariado, sofre de xeito fortísimo calquera revés experimentado no seu traballo diario, especialmente se se poñen en cuestión as súas capacidades, o seu traballo ou as súas intencións. En cambio, na política é a normalidade de cada día, e os que practican esta arte-ciencia sufren a diario os peores embates e poden ao seguinte día estar pactando ou debatindo co mellor dos sorrisos co interlocutor ou comentarista que o día anterior o agradeu verbalmente.

Cabe preguntarse se os políticos senten de xeito diferente, se as agresións lles producen os mesmos sarpullidos que ao resto da xente, se poden camiñar coa cabeza alta mentras caen chuzos de punta ao paso polas rúas do seu pobo.

E pode resultar que traguen toda a quina do mundo, resistindo a toda agresión exterior, ou que consigan acoirazarse dun xeito ben potente como para non sufrir os dardos envenenados que se lle lancen desde todas as instancias e círculos de poder ou influencia.

Polo que habría que considerar que se todos os humanos sufrimos cando o parecer dos demais non coincide co noso, ou ben os políticos non son humanos ou sofren como todos os demais pero saben disimular á perfección, erguerse rapidamente despois de calquera caída e seguir imperturbables o seu camiño.

Sexa como fose, hai que concluir que para ser político hai que ter unha madeira diferente. Ou non ser humano. Pero é imposible que neste país poida haber tanta xente de diferente madeira ou aparentar ser humano sen selo. Ou pode ser a necesidade, que obrigue a moita xente a dedicarse á política para –facendo de tripas corazón- aparentar ser diferente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES