Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

América para os Americanos

jueves, 18 de noviembre de 2004
"América para os americanos" é unha bandeira enarbolada polos Estados Unidos de Norteamérica desde que un Presidente, Monroe, a estableceu como doctrina.

Non merece explicación nin xustificación, aínda que habería que dicir "Norteamérica" en lugar de "América", porque hai moita América ademáis da Unión, aínda que moitas veces teñen aplicado o lema por extensión de maneira que Panamá ou Granada, Chile ou Cuba, foron obxecto directo de afirmación da doctrina monrovita.

O que non está claro é que o resto dos países poidan aplicar sobre o seu territorio, as súas xentes ou o seu destino a mesma Lei: "Irak para os iraquís", por exemplo.

Hai que recoñecer que ó ser sabedores da insoportable situación que soportaban os iraquís baixo a dictadura de Sadam Hussein moitos tivemos un ramalazo de satisfacción porque se ía "liberar" ó pobo das garras do tirano.

Pero a liberación está resultando tan sanguenta coma o réxime derrubado. E as perspectivas non son de que vaia mellorar unha situación que día a día se evidencia non ter amaño, alomenos por parte de mans estranxeiras.

Ben sei que non hai posibilidade de comparación, pero o pasado algunha lección debera darlles.

Se os dirixentes norteamericanos soubesen, por exemplo, onde está a Península Ibérica, e tivesen sabido da existencia de Napoleón, comprenderían que o exército máis poderoso non pode cun pobo en armas enfrontado a xeito de "guerrillas", especialmente cando estas defenden o chan donde naceron e un nonnato Monroe tamén lles inculcou a súa Lei
imprescriptible.

Ben sei que non hai posibilidade de comparación. Pero se nos anos corenta, cincuenta, sesenta... os americanos do norte, en lugar de montar en España cantas bases quixeron, decidiran liberarnos da dictadura de Franco, moi posiblemente terían que sair co rabo entre as pernas porque habería millóns de guerrilleiros que lles farían imposible a permanencia no
País.

"América para os americanos". E canto menos se movan, mellor.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES