Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darme de baixa

viernes, 02 de diciembre de 2011
Levan tanto tempo os nosos políticos convencéndonos de que hai que ser realistas nos gastos vistos os ingresos, aínda que eles non prediquen en xeral co exemplo, que tomei a sublime decisión de restrinxir radicalmente os meus gastos supérfluos.
A piques de convertirme en pensionista normaliño de acordo coa realidade imperante, empecei a botar contas do que gasto en cotas de diversas entidades por solidariedade ou inercia, e sumando outras cousas perfectamente prescindibles obtiven unha cifra anual que equivalía á que vai ser a miña pensión mensual. E decidín que non poido gastarme o doce por cento dos meus futuros ingresos en actividades nas que non participo, polo que decidín darme de baixa.
Nesta primeira fase de restriccións autoimpostas costoume moito a toma de cada decisión, pero a situación obriga á toma de decisións que doen pero hai que adoptar. Porque un pode levar máis de corenta anos de pertenza a unha determinada sociedade sen case poñer os pés nela, pero cando as cousas se poñen serias, serias teñen tamén que ser as decisións que se adopten.
Na mocidade, complicámonos a existencia coa pertenza a sociedades, colectivos, que coidamos reforzan a nosa personalidade, respaldan a nosa actividade, impulsan a nosa traxectoria. Pero cando chega o momento de coller só a bagaxe esencial – equipaxe, en fin- eliminando o bosque da área de visión para ver con claridade as árbores, un descobre que a moitos efectos a vellez é a etapa máis rotunda, clara, xeitosa - ¡Feliz?- desta complicada existencia. E o das baixas en determinadas cousas pode non ser máis ca unha metáfora dos desprendimentos que a propia vida vai esixindo como peaxe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES