Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imparidade manifesta

viernes, 02 de diciembre de 2011
Tanta lei de igualdade que nos venderon! O caso é que non entraron máis mulleres deputadas no congreso desde o famoso “non menos do 40% nin máis do 60% ” nas listaxes electorais. Debe ser que a visibilidade das mulleres ten outras velocidades distintas das masculinas. Iso, ou que o cromosoma Y se dopa.

Eu voume fixar só en dúas escenas contempladas por millóns de persoas. Lembremos a visita da Súa Santidade. Na foto da Lavacolla, O Santo Pai foi recibido polos máximos mandatarios. O Presidente de aquí, o de acolá, o xefe de oposición de aquí e o de acolá, o Príncipe e a Fermosa Princesa ( “me gusta cuando callas porque estás como ausente”) recibiron o Papa de Aquí e o de Alá. Un palco moi pouco equilibrado para os tempos modernos. Mulleres a un lado por se hai que recortar a foto algún día?

Na segunda escena que destaco locen con luz propia os grandes homes do país: nos longos e profundos debates electorais que vimos de vivir ( é un eufemismo malo, que queren? ) só brillou unha presentadora. Debateron en dous días sete varóns, sete candidatos. Sete toros, sete! Todos eles entregados a serias batallas dialécticas nas que o cromosoma que os define volveu xurdir en todo o seu esplendor.

Estas foron as segundas eleccións coa lei de Igualdade sen que se notase moito cambio en positivo na incorporación de mulleres ao panorama da política. É mais, creo que desde o 2004 aínda se perdeu un escano para as políticas en feminino (que non é o mesmo que facer políticas para a muller, tampouco nos enganemos). Agora temos 124, o cal supón un 36 % do total.

Pero iso non sería relevante se se avanzara de maneira substancial na consideración da muller política. O que semella suceder é que iso non se garante cun ningún 40% mínimo. Por moito que miremos cara outro lado, cando se fala delas, o motivo de conversa adoita ser o bikini, a pel, a longura da saia, a baixa de maternidade ou o acerto do deseñador. Tranquilos. Eu non penso tirar aquí do rollo feminista–pesimista, pero realmente non había entres os candidatos ou representantes dos partidos algunha muller con suficiente valía persoal e un pouco de discurso para debater sobre a prima de risco?

Poderán deducir que non me convence a min o reparto simplemente cuántico do pastel. Semella un apaño de longo percorrido mentres os medios seguen a devolvernos a foto fixa na Lavacolla e as dos debates da testosterona. Ou será que o silencio televisivo tamén é unha resposta? Chegados aquí, cada moucho ao seu souto…

” Y me oyes desde lejos y mi voz no te toca..”

As mulleres políticas non resisten varias lexislaturas en comparanza co que sucede cos seus colegas masculinos.

Obsolescencia programada, ou falta de dedicación? A experiencia xeral di que elas duran dous telexornais. Por non falar dalgunhas representantes electas ao amparo da lei paritaria e que, vista a súa dubidosa valía profesional, non deixa de palpitar en nós a idea perturbadora de que fraco favor lle fixeron ao xénero.
Perez Rei, Mariña
Perez Rei, Mariña


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES