Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esguello electoral (Psoe)

miércoles, 30 de noviembre de 2011
Obviamente o PSOE perdeu as eleccións. Non as podía gañar en ningún caso porque as eleccións están para iso, para cambiar os gobernos cando a xente está descontenta co que manda. Vota a outros e xa está. Cousa simple, normal e “aburrida”. E desta vez a xente deulle o mando aos antagonistas dos que estaban.

Menos “colegas”, menos “modernos”, máis “serios”, máis “conservadores”. Ao PP. De aí que a ollada que o PSOE dirixa á esquerda topouse cun electorado que o que quería era, precisamente, menos esquerda. Unha campaña introducida pola palabra “pelea” para un partido que está no poder, é esperpéntica. O intento de deslexitimización do PP tratando de asimilalo no subconsciente colectivo ao franquismo, á parte de esencialmente perverso, resultou contraproducente. Os zapateristas trataron de situarse como únicos herdeiros da democracia anterior a Franco e negaron, de feito, as bondades da transición polo que supuña de acordo e consenso en superar o pasado. A aparición en campaña de Felipe González como patética estrela política de hai décadas, a ocultación absoluta do presidente Rodríguez Zapatero, ou a presenza de bandeiras tricolores nos seus actos, tampouco remaron a favor. A xente tiña outras preocupacións e estaba farta de reviravoltas. Incluso moitas declaracións en campaña –por exemplo esa de que Rajoy “tiene un problema con las mujeres”- foron disparates que o sentido común da xente ignorou, pois non se pode tratar aos electores como analfabetos sen sufrir por elo. A xente vota a quen lle peta e punto.

O suspenso ás voces dominantes no PSOE galego foi radical. Unha verdade dura e de recortes –véxase CiU- a xente asúmeos. A falla de confianza, non. Os maiores fracasos nestas eleccións en Galicia son, polo seu significado profundo na nosa cultura, as estrepitosas derrotas nos lugares de nacemento do ministro Pepe Blanco (menos do 30% en Palas de Rei) de Pachi Vázquez (o 25% no Carballiño) e de Laura Seara (19% en Xinzo), sobre todo, tendo en conta que nestes municipios o PP sacou máis do 60 % dos votos. Suspensos inapelables. Pola contra onde o PSOE transmite imaxe de tranquilidade, traballo de xestión e menos “política pandereteira” a cousa foi moito mellor. Francisco Rodríguez pode quedar satisfeito porque o 34 % dos votos obtidos en Ourense capital supera procentualmente ao de todas as cidades de Galicia, e porque gañou na súa aldea, Palmés. Igual Paco Magide, pois o PSOE gañou en Parada do Sil. Felicidades, pois.

Os resultados se cadra non podían ser doutra maneira e está ben que sexan rotundos. Segue sendo o PSOE o partido central da esqueda española, con dez veces máis parlamentarios que unha IU á de deben deixar de mirar, porque os votos e a xente, están da outra parte. Poden, deben, é imprescindible, que redefinan a mensaxe nunha clave máis próxima á sensibilidade social. O problema non é que escoiten a Rubalcaba ou Chacón, é que se fixen máis en Besteiro que en Largo Caballero. E de escoitar, que escoiten a Bono. Ao de Dublín seguro e ao de Albacete, probablemente.
Vázquez-Monxardín, Afonso
Vázquez-Monxardín, Afonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES