Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando a legalidade non chega

miércoles, 30 de noviembre de 2011
Tres ex altos de Nova Caixa Galicia téñense posto ao dispor da Fiscalía anticorrupción para que sexan investigados sobre a legalidade dos seus acordos de prexubilación e para defender a súa honorabilidade e profesionalidade na xestión ao frente da entidade.
Ninguén dubida da legalidade da situación en que unha entidade con problemas pacte cos seus altos cargos determinados soldos, blindaxes e cláusulas de rescisións de contratos ou facilidade para a súa prexubilación. Ninguén dubida da legalidade porque tanto tan altos traballadores como a entidade á que pertencían teñen ao seu dispor os mellores xuristas e asesores para redactar os mellores documentos que se axusten á legalidade vixente e a todas as especificacións que o máis escrupuloso fiscal poida contemplar.
Pero a legalidade non chega. Hai outras consideracións.
Anda circulando polas ondas unha noticia en base a unha enquisa sobre os soldos dos españois, e había arredor dun setenta por cento dos traballadores hispanos que non chegaban ou chegaban raspados aos mil euros mensuais, ou sexa os chamados mileuristas.
Pois a ver quen convence a eses mileuristas ou casemileuristas que son millóns de que, aínda que sexa legal, é decente que unha entidade que se evidenciou ten numerosos problemas económicos liquide a empregados seus, por moi altos e cualificados que resulten, con cifras millonarias en euros. E se esas cifras millonarias en euros se obteñen de cálculos en base ás súas percepcións en activo peor nolo poñen para que poidamos comprender e respectar – legalidades á parte- as insultantes cifras que van percibir que darían para liquidar a mil traballadores coa indemnización de cada un.
Que en outras caixas – ou en todas – pasase algo polo estilo non mellora a situación. Porque tiñamos entendido que se trataba de entidades con fins benéficos, das que todos eramos copropietarios e o fin último era que os beneficios revertiran na sociedade, e resultou que non era precisamente así.
Da legalidade non dubidamos. A oportunidade, a conveniencia, a xustiza, a decencia desa realidade oprobiosa é a que nos preocupa e máis debera preocupar aos afectados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES