Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Powell e Manuela

martes, 16 de noviembre de 2004
O luns, 15 de novembro, tróuxonos dúas despedidas na política que nos afecta: Powell e Manolita.

Pode parecer que unha delas corresponde a unha política moi lonxana, pero que nesta aldea global que habitamos a política dos Estados Unidos de Norteamérica mude un ápice, para nós tamén é vital; que unha pomba das que revoan o Pentágono sexa cambiada por un halcón, sen dúbida que é para tomar nota e prepararse para tempos novos.

Se unha das despedidas pode parecer lonxana, a outra pode parecer menor por pertencer á política local, e coidar que Manuela López Besteiro deixe o concello de Lugo polas súas ocupacións no eido autonómico non teña repercusión máis que no mesmo concello e cidade de Lugo.

Aínda que así fose, tería gran importancia. Aínda que fose un acontecemento puramente local, tería importancia que unha política de primeira orde se retirase do terreo no que non puido con ese fenómeno de masas que resulta ser José Clemente López Orozco.

Pero Manuela López Besteiro -Manolita xa para sempre- deixa a política municipal para volver á política autonómica da que quizáis o seu partido nunca debeu quitala. E eu quero pensar que esta "volta a Santiago" trae consigo algo máis, xa que se López Besteiro foi a Lugo disciplinada e obediente, cumprido o encargo e a travesía do deserto, en Santiago ten que ter un oco á súa medida e acorde coa súa capacidade que é moita e demostrada.

A un e outro nivel, esto móvese. Pouco a pouco. E, en tanto, o Compañeiro Soto é elixido por aclamación máximo dirixente do novo Partido Galeguista, con compañeiros ben diferentes ós compañeiros de antano.

Todo, polas Autonómicas. Menos o de Powell. Ou ¡¿Quen sabe!?.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES