Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Demoqué? Bicracia e vai que arde

miércoles, 30 de noviembre de 2011
O que non hai que negarlle a Zapatero é a súa afección polo humor negro poñendo as eleccións para o 20 N, porque esa data semella querer simbolizar que os sete lustros transcorridos, dende aquela na que o ditador deixou de estar, non existisen, como se ese longo tránsito ata hoxe non fose máis que un soño e agora volvésemos á realidade pura e dura. Aquela realidade do ordeno e mando na que todas as decisións dependían do poder central e onde o pobo era un súbdito de cabeza gacha.

Logo destes sete lustros de soño, espertamos conque o partido que gañou as eleccións, ao amparo dunha crise mundial creada por grandes especuladores, vai facer fondos recortes que pode que nos devolvan a aquel 20 N que cando fora nos enchera de esperanza e fomentara en nós expectativas de liberdade e benestar. Agora para quitarnos o que coidaramos que se conseguira a partir del. Coa desculpa desa crise da que non somos responsábeis os de a pé, a sanidade e o ensino públicos camiñarán inexorabelmente cara á privatización e o deterioro – de feito xa o están facendo -, o respecto pola identidade, polo menos aquí, vai polo carreiro da burla e do menosprezo, e mesmo hai quen xa se atreve a dicir en voz alta que as autonomías son moi caras e que hai que quitarlles competencias.

Ou sexa, ilas desangrando ata facelas desaparecer. O vencedor destas eleccións é a dereita de sempre, aquela que, aínda que logo tivo que aceptalas e participar nelas, de principio estaba frontalmente contra da súa existencia. Xa se prevía que ía arrasar, literalmente e nos dous eidos, no da confrontación electoral e no da súa actuación gobernante.
O problema de arrasar electoralmente é o que ten, que o que o consegue considérase lexitimado para facer o que lle pete. E tendo o arrasador grande parte da culpa, tamén a temos nós por seguirlles o xogo e consentir que se lle chame democracia a un sistema no que se non votas a A ou a B corres o risco de que o teu voto sexa inútil, que sexa un voto sen esperanza. E todo é por non rebelarse contra este sistema electoral no que, mesmo admitindo que haxa dous grandes partidos, estes aínda se ven engordados por mor dos votos desestimados de partidos máis pequenos que poderían enriquecer e dar sentidiño a parlamentos e gobernos. O grande inimigo da democracia é a forma de reconto, é dicir, o sistema de D'Hondt, que a converte nunha bicracia anquilosada e sen perspectivas para mentes non fosilizadas.
Fosilizadas están a maioría, porque aínda me lembro daquel zapato de Beiras no parlamento de Galiza. Moitos queixáronse da actitude do deputado, pero a maioría non se preocuparon de saber a que era debida. Esas mentes mortas son incapaces de entender que calquera individuo vivo berra cando o están capando.
Novo, Isidro
Novo, Isidro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES