Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A comunicación en Melide

lunes, 15 de noviembre de 2004
Esta fin de semana tiven en Melide dous excelentes exemplos de comunicación ou de xeitos de comunicar, que evidencian os contrastes do tempo en que vivimos. Dunha banda, a modernidade. Doutra, a tradición.

A modernidade está a cargo de Radio Melide, que pode ser unha de tantas emisoras de radio local existentes en Galicia, pero polo mesmo son outras tantas mostras de comunicación directa entre actores da actualidade e o público en xeral. Eís a virtude da información local: falar ós afectados dos temas que lles son propios, desde a súa mesma localidade. A radio local, en primeiro lugar; moi lonxe (en canto a número) a televisión,
e máis ou menos igual de lonxe a prensa local, son unha revolución para os pobos que as disfrutan, e mecanismos indubidables de progreso.

Pero tamén me foi dado observar a tradición. Na misa na igrexa parroquial, á unha da tarde, convivencia harmónica de dous idiomas: o castelán, para o crego que oficiaba, xa maior. Galego, para un crego ou futuro crego novo que axudaba.

E, ó remate, intervención do párroco en galego con aviso dos cultos na próxima semana. E aquí o xeito de comunicar tradicional: Funeral por dona... que era tía de... Misa por ..... que era o pai de... , taxista. E outra misa por.... que tamén era parente dun taxista melidense. Todo esto, con nomes e apelidos, pero facendo referencia ós nomes con que eran
coñecidos e ós seus parentes directos.

Gustoume escoitar estas referencias, que evidencian que Melide pode progresar e medrar, pero as relacións entre os melidenses séguense a producir de xeito tan directo como cando era un pobo; que as súas xentes seguen a ter mecanismos de relación tan directos coma os dun pobo.

Conviven, pois, e ogallá sexa por moitos anos, tradición e modernidade.Trato de confianza e influencia mediática. Quizais neso estea a virtude. No termo medio, que só se alcanza con sabedoría, con paciencia, e deixando que a sociedade vaia evolucionando e asentando do xeito que sexa mellor para todos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES