Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebeldes sen causa

jueves, 11 de noviembre de 2004
Que a mocidade é rebelde, é un tópico. Pero os tópicos, moitas veces, non son máis que hiper-realidades ou caricaturas da mesma realidade.

Esa rebeldía da mocidade pode manifestarse hacia arriba: hacia pais e profesores, ou horizontalmente, hacia o resto do mundo xuvenil. De todo temos en abundancia, aínda que a actualidade máis recente fálanos, precisamente, de violencia "horizontal".

No País Basco xulgan a oito rapaciños pola súa presunta vinculación coa situación que levou a Jokin ó suicidio hai un par de meses. E os pais dos rapaces veñen de solicitar que se investigue a situación na súa totalidade porque, a fin de contas, só o insultaron "como facía todo o mundo, dentro e fora do instituto"; o empurraron e lle deron uns moquetes, que os rapaces chamaron "collejas".

Que nas Aulas os máis febles sofren "agresións" dos máis "fortes", non é cousa de hoxe, senon de sempre. Eu, por mor dunha eiva física ben notable, pasei un auténtico calvario nos meus anos infantís. Pero, visto na distancia, lembro que eu non era máis caritativo cos que aínda eran máis eivados ca min.

De que sempre houbo algún problema de violencia nas aulas, ainda que fose esporádica, é boa proba a agresión que un profesor de filosofía dun instituto lucense (hoxe, Alcalde da cidade) sufríu por parte dun alumno hai xa ben anos.

Con esto non quero dicir -nin moito menos- que non se deba perseguir de xeito decidido toda manifestación, física ou verbal, de exceso por parte dos rebeldes sen causa, rebeldes contra sí mesmos, rebeldes contra todo, que deben percibir que a sociedade non está disposta a permitir violencia de ningún tipo.

Esto é tarefa dos profesores, pero tamén -e de xeito moi especial- dos pais. Pero os pais, por aquelo das ocupacións cotiáns, pasamos bastante das situacións que se forman dentro ou nos contornos dos centros educativos ós que van os nosos fillos.

Como se fosemos pais por horas, que libramos no tempo previsto para a formación escolar.

E sen embargo temos que ter en conta que os "rebeldes sen causa", en primeiro lugar son rebeldes contra nós mesmos, precisamente polo "delicto" de traelos a este mundo.

Ó mellor teñen algo de razón. Antes, o delicto era nacer (Segismundo dixit). Agora, o delicto é "nacelos", e pasar deles despois.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES