Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O novo partido Galeguista

miércoles, 10 de noviembre de 2004
A casi setenta anos de distancia, aquel vello Partido Galeguista era moito máis ca un partido político.

Erixiuse en representante do espírito de Galicia; abandeirou Estatuto, crenzas, devocións... Formaron parte del os patriarcas da Galicia do século XX: Bóveda, Castelao, Paz Andrade, Del Riego, Martínez López, Xocas, Filgueira... nomes senlleiros que todos son xa historia, e deixaron nesa historia plasmada a bandeira galeguista no ceo dos galegos.

Despois da Guerra Civil, mortos ou exiliados (exterior ou interiormente) os persoeiros do Partido Galeguista, foi esmorecendo e desapareceu.

E agora quérese rescatar. Porque Galicia necesita un Partido Galeguista reivindicativo, representativo, forte...
E moitos anceian que xurda ese novo Partido Galeguista, que teña en Galicia o papel de chave, de enseña, de bandeira... e sexa representante dos ideais de centro, de moderación, de progreso, vistos exclusivamente a través do prisma de Galicia.

Pero para conseguir esto fará falla unha partida de cero: Unha refundación con xente nova, virxe en política, chea de ilusión... aínda que sexa moito pedir.

Pero a refundación (esta, e as que antes se fixeron) está e estiveron impulsadas por xentes que procedían doutras forzas políticas. Que noutras forzas políticas tiveron problemas (os famosos "cabreados").

E eso xa é un problema. Porque o que non está a gusto no seu Partido non ten outro remedio que achantar ou botarse fóra. Non vale cambiarse de pola dentro da gran árbore política. Porque entón quere dicir que tanto pode pensar dun xeito coma doutro. Que aínda que venda o tema como evolución, ninguén llo toma en serio.

Werstringe é un exemplo claro do que non é posible asimilar. E quen foi do Psoe, PP, E.U, ou Bng, ou do que sexa, non presenta aval xeitoso para encabezar un bandeirín de enganche con garantías de resultar atractivo á lexión de galegos que agarda por el.

Agardemos acontecementos. Que non se torza o que ten que nacer con forza. Que non morra unha esperanza antes de nacer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES