Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Versos frolecidos en louvanza de Foz

jueves, 17 de noviembre de 2011
O vindeiro venres, día 18 do actual, e dentro da programación da celebración de Santa Cilla, patrona dos músicos, a Escola Municipal de Música de Foz organiza un acto poético-musical co gallo de cumplirse os 45 anos dos I Xogos Florais de Foz, certame no que gañara o primeiro premio e flor natural o poeta Manuel María co feixe de poemas “Versos florecidos en louvanza de Foz”. evento que quedou nos anais do pobo como un feito singular, cultural e social, de grande brillantez e de inmorrente memoria, no que actuara como mantedor o insigne intelectual e ilustre tribuno, don Eugenio Montes, por aquelas datas agregado cultural na Embaixada Española en Roma.

O “poeta da Terrachᔠfai, a través da súa poesía, un canto a Foz,: á súa paisaxe e á paisanaxe,ós recunchos mariños mais amados por él; mesmo á alma do pobo, mariñeiro e labrego. Co acto nunciado, que terá unha duración total de uns sesenta minutos, vaise a lembrar o desenvolvemento daquel cerimonioso evento ó que hai case medio século non faltou a súa dose de glamour. Para esta ocasión o mestre Arcadio Mon, director da Escola de Música, fundador da Banda focense, musicou parte dos oito poemas que forman o ramellete poético, que vai cantar, para rematar con “Lembranza a Manuel María” de cuxa letra e música é autor e como broche de ouro da modesta homenaxe que os organizadores ofrecen ó vate inesquecible que amou a Foz, cuxa Casa da Cultura leva e seu nome e onde
a partir das 20 horas, con estricta puntualidade, dará comezo iste feito novidoso durante o que se relatará os aspectos de maior interese relacionados con él
Todos os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos “Versos florecidos…”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES