Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 deputados, ou menos

lunes, 14 de noviembre de 2011
No Parlamento da rúa do Hórreo, en Santiago, temos 75 deputados dispostos a dar a súa vida – pouco a pouco, politicamente falando- por Galicia, e froito do seu traballo é a lexislación propia do país, as investigacións parlamentarias, a fiscalización política das administracións públicas e as tarefas de representación do pobo galego.
A norma legal establece que sexan entre 60 e 80 os representantes de Galicia no Parlamento autonómico, téndose elixido o punto medio exacto coa cifra de 75, procedentes das catro provincias galegas en proporción á poboación de cada circunscrición provincial.
Para o tempo en que se determinou esta cantidade, hai algo máis dun cuarto de século, puido estar ben a determinación do número, tendo en conta que se trataba da posta en marcha dunha institución da que se agardaban os mellores resultados, e era tempo de expansión coa conseguinte euforia no tratamento dos temas públicos.
Agora, xa sabemos que o Parlamento funciona, e sabemos tamén o que nos custa, e que é posible reducir o número de representantes sen que sufra notablemente o funcionamento da institución.
O Partido Popular plantéxase reducir o número de representantes pero o resto dos grupos representantes na Cámara non están polo labor, non cabendo máis explicación que a de que están defendendo intereses complementarios aos do Parlamento. Porque se o Parlamento pode funcionar igual cun número máis reducido de Deputados o único que se resentirían son as apiracións de candidatos ao Parlamento polos partidos que se opoñen, xa que – cada vez máis- a política está sendo refuxio de “sen papeis” no eido laboral, profesionais da política sen ter experiencia na vida real das empresas e dos traballadores.
Terá que impoñerse a racionalidade neste tempo de recortes, e pasar de 75 a 60 ou aos que se acorde, que ben sabemos que o protagonismo parlamentario radica nuns cantos membros de cada grupo político, voceiros e membros de comisións, e moitos están – Guerra dixit hai moito tempo- de oíntes. E para estar só escoitando poden facelo perfectamente desde os seus respectivos domicilios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES