Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desconfianza e irritación

jueves, 10 de noviembre de 2011
Quen nos iba dicir aos que temos memoria que as Forzas Armadas ían ser a institución máis valorada polos españois cunha nota de 5,65, segundo se confesa no barómetro de outubro do Cis, Centro de Investigaciones Sociológicas. E que por detrás quedarían os medios de comunicación (4,97) e a mesma monarquía (4,89). Cádranlles os últimos lugares á Igrexa (3,66), o Parlamento (3,52), o Goberno (3,24) e os partidos políticos (2,76).
Mal imos, mal van os que nos gobernan cando segundo ese sondeo mensual do Centro oficial de sondeos resulta que a desconfianza e a irritación son os sentimentos que nos embargan aos que vivimos neste país, cunha situación económica “mala ou moi mala” para o 86% dos enquisados, con similar situación política para poucos menos, e o paro é o principal problema para o 80%.
Coa que está caendo, seguen sendo actualidade as noticias de retiradas ou xubilacións de directivos desas entidades de aforro que tiñamos por benéficas e propiedade comunal, cando resultan que verdadeiramente só eran propiedade privativa dos que as dirixían que se retiran con beneficios multimillonarios en cantidades que nin ousamos calcular porque non saberíamos comprendelas e moito menos aprobalas.
Que esto vano pagar xustos por pecadores, está moi claro vendo o estado actual destas entidades, con escasa capacidade de maniobra e obrigadas a transformarse en bancos coa conseguinte eliminación dos seus presuntos benéficos obxectivos, e polo que a Galicia se refire á petición dos dous grandes partidos políticos galegos para que o equipo directivo de Novagalicia Banco faga públicos os seus emolumentos.
Non queren os partidos levarse logo sorpresas e prefiren coñecer agora o que lle costa á entidade recén nada o seu equipo directivo. Eso mentras agardan que os que deixaron a entidade sustanciosamente forrados de billetes de curso legal se dignen devolver –por pura vergoña pública- parte das cantidades que graciosamente se outorgaron como compensación por un labor que xa se supón estaba perfectamente compensado.
O sentimento xeral é de desconfianza e irritación. E o que non o detecte é que non anda polo mundo, a pé, e en contacto coa xente. E perder o contacto coa xente, deixar de andar a pé é o mellor xeito de descoñecer o que pasa. Como o que pasa é grave, descoñecelo é aínda moito máis grave.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES