Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Café gratis

jueves, 10 de noviembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO

O xefe da patronal madrileña CEIM "camarada" Arturo Fernández, comentou hai uns días que a solución desta crise (estafa) a traerá o "cambio" do PP.

O Sr. Arturo ve imprescindible os recortes sociais; o copago en sanidade; a racionalización do gasto sanitario e o transporte público; máis presencia do sector privado no público e confía en que estas medidas sexan contundentes, rematando con estas palabras: "...El café gratis para todos es imposible mantenerlo...".

A este patriota de postal hai que dicirlle que o café (metaforicamente falando) non é gratis, o pagamos cos nosos impostos na súa concesión de cafeterías Grupo Cantoblanco dos centros públicos en Madrid. Tamén adxudicouse parcelas de solo público para facer colexios concertados; os servizos de comedor, atención e limpeza do complexo da Moncloa e moreas de
concesións públicas máis.

Faime unha gracia este "camarada" Arturo que, mentres a subvención pública funciona, todo vai rodado. Sempre están a tirar pedras e despotricando contra o público, e logo son os primeiros que benefícianse dos cartos de todos en moitas formas: concesións, sanidade, subvencións, educación,
pelotazos e soldos de luxo.

Había que preguntarlle a este representante da patronal que cota de sacrificio pediulle aos seus asociados, ata agora só están no Altar dos sacrificios os asalariados. Teñen máis cara que un zapato vello, por riba de sacar tallada desta "estafa", seguen defraudando a Facenda as grandes corporacións empresariais en 45 mil millóns de euros.

Isto é a democracia do saqueo das arcas públicas consentido por políticos deste bipartidismo que padecemos desde hai moitos anos, dándolle estes regalos a "empresarios arriscados" facéndoo co diñeiro de millóns de cidadáns que pagamos e que pagaremos durante décadas.

¡Mágoa que Zeus non exista e os fulminara nas urnas con raios e
centellas!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES