Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Javier Irureta

viernes, 05 de noviembre de 2004
Habitualmente, escribo para G.D. sobre un tema ou conxunto de temas que me chaman a atención, podendo os habituais do Portal comprobar que os temas deportivos son os menos, normalmente alleos ós meus intereses.

E, sen embargo, hoxe chámame a atención Javier Irureta, entrenador do Deportivo desde hai arredor de sete anos, e ó que lembro de tempos xa históricos nos que militaba como xogador coido que no Atlético de Bilbao.

Pero moitos futbolistas deveñen en entrenadores. E os entrenadores caducan.

Chamou poderosamente a miña atención esa caducidade cando Arsenio, apodado "o zorro de Arteixo", cando (en galego é "raposo" e non "zorro") que levou ó Deportivo ós cumes da gloria do futbol foi apartado do cargo de entrenador por considerar que había que "pasar páxina" e seguir subindo.

Eu son dunha época na que o Deportivo era, sí, un bo clube. Pero era un clube co que se "tuteaban" o Ferrol ou Lugo, o Celta ou o Pontevedra.

Desa situación sacouno Arsenio. E Irureta tivo ó seu cargo sete anos do xa primeiro clube de Galicia que se codeou cos mellores de Europa e no que Irureta era figura mediática, auténtico mago, que ata fixo por terra o Camiño das Estrelas para agradecer ós ceos a marcha do clube.

Pero todo muda. E parece que a estrela de Irureta perde brillo. Algún xogador ousa facer declaracións públicas sobre monotonía e falta de alicientes. Primeiros sinais de que a variña máxica deste mago está deixando de ter poderes.

Síntoo por Irureta. Síntoo polos que foron e comezan a non ser. Síntoo polos que prestaron especialísimos servicios e, cando deixan de ser imprescindibles, son desbotados coma se fosen lixo.

¡Ánimo, Javier Irureta!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES