Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guggengaiás

martes, 08 de noviembre de 2011
Por unha parte, o Gaías ponse en marcha en forma de Museo de Galicia, e por outra paralízanse as obras co consenso conformista dos dous principais partidos galegos. Podería ser unha mostra da presunta indecisión dos galegos, dos que o tópico quere que non saibamos se subimos ou baixamos. E literariamente non sería máis ca a confirmación do fermoso verso de Xosé María Díaz Castro, “un paso adiante, e outro atrás, Galicia”.
O Guggenheim tense convertido no primeiro atractivo do País Vasco, con máis dun millón de visitantes ao ano para ver o continente máis ca o contido. Gaiás está chamado a ser o mesmo en Galicia, cando todos rememos na mesma dirección.
Certo que non é este o mellor momento para seguir afrontando obras que non poderiamos pagar. Pero Gaiás é un presente, e sobre todo un futuro, do que seguro que dentro de medio século nos enorgulleceremos sen pensar nas dificultades que tivo para chegar a ser un complexo verdadeiramente vivo.
PP e PSOE foron quen de poñerse de acordo para a paralización da construcción dos dous últimos edificios da Cidade da Cultura de Galicia. Agardemos que sexa unha medida temporal e, en canto a climatoloxía económica o permita, volvan poñer en marcha o que xa é algo imprescindible para Santiago e para Galicia.
En tanto, o Plano estratéxico do Gaiás ou, o que é o mesmo, o seu plano de explotación, non debe dilatarse máis e poñerse en marcha con valentía e forza. Quizais, á vista dos resultados que se vaian obtendo, os que agora están en contra desta magna instalación vaian cambiando de opinión.
O que é magnífico para Valencia – a súa Cidade das Artes- ou o que é un orgullo para o País Vasco e magnífico elemento de promoción – o Guggenheim – non pode ser malo para Galicia, aínda que o noso non no lo regalen, e teñamos que ir afrontando a súa construcción.
Cremos no Gaías como “un paso adiante” para Galicia, e agardamos que – seguindo a Díaz Castro- a “tea dos soños” dos galegos agora, por fin, se mova.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES