Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As campañas electorais

viernes, 04 de noviembre de 2011
Os Colexios de Xornalistas consideran que as campañas electorais son un estado de excepción do dereito a informar.

A precaria situación habitual do dereito da ciudanía á liberdade de información e do dereito dos xornalistas a realizar o seu traballo sen trabas e imposicións agrávase durante as campañas electorais. A principal medida desta especie de estado de excepción é a imposición dos bloques de información electorais nos medios audiovisuais.

Tal e como os Colexios veñen sostendo nos recursos que interpuxeron en distintas instancias xudiciais, e como se reiterou no recente manifesto Non todo o que é legal é xusto: Non aos bloques electorais, impulsado polo Col.legi de Periodistes de Catalunya, anular os criterios profesionais á hora de informar sobre as eleccións non é só un problema entre xornalistas e políticos, é un conflito que afecta a columna vertebral do sistema democrático.

A Comisión Xestora do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas, que integra ás organizacións colexiais de Cataluña, Galicia e Murcia, considera que este é o máis claro ataque ao dereito á información, pero non o único. Os debates políticos non son unha prerrogativa dos partidos políticos, duelos electorais pactados polos equipos de campaña que permiten ou impiden que se celebren, onde e en que condicións. Son un dereito da cidadanía e un método para que os electores coñezan as propostas das distintas opcións. Son os medios de comunicación os que teñen que organizalos, e a prerrogativa dos candidatos é aceptalos ou non.

Así mesmo, os partidos políticos teñen que garantir o libre acceso dos medios, particularmente ás cámaras de televisión, aos seus actos e mitins, independentemente de que faciliten sinal realizado ou gravacións de vídeo dos mesmos. Cando unha canle de televisión emita imaxes facilitadas por un partido político, deberá indicar aos espectadores cal é a súa orixe.

Os actos "informativos" nos que non se permiten preguntas son inadmisibles sempre, e con moita maior razón nunha campaña electoral. Se durante quince días as únicas declaracións dos candidatos son discursos unidireccionales, sen posibilidade algunha de contraste por parte dos xornalistas, sexan os integrados nas "caravanas" ou non, a cidadanía non recibe información, senón propaganda non regulada, na que os xornalistas non son intermediarios, senón figurantes.

Precisamente iso, identificar a información no océano de propaganda que constitúe unha campaña electoral, e transmitirlla á cidadanía, é a misión dos xornalistas.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
xornalistas@xornalistas.com
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES