Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Blackberry

jueves, 03 de noviembre de 2011
¿Por qué algúns teléfonos móbiles chámaselle “BlackBerry”?.
Cando había a escravitude en Estados Unidos, aos escravos negros atábaselle aos pes unha bola negra de ferro irregular, ou sexa non era unha bola perfecta. Esta ía cunha cadea e un grillete, para que non fuxiran polos campos de algodón. Os
“amos”, para usar un eufemismo, chamábanlle “BlackBerry”, desta maneira soaba moito máis bonito ao asemellarse a bola aos froitos da familia das “Bayas”, como o tomate, o pemento o caqui etc. A tradución sería máis ou menos “Negrobaya”. Ese era o símbolo antigo da escravitude en EEUU.

Nos tempos que corren, a nós, os “currantes”, non nos poden atar cunha bola de ferro para que non teñamos a idea de fuxir. Non entanto, dánnos un “NegroBaya” e xa quedamos inalámbricamente atados con ese grillete, que
igual que os escravos, non poden deixar de lado e téñennos atados ao traballo todo o tempo. É o símbolo moderno da escravitude.

Basta ollar como estámos pegados a esta “bola” todo o tempo: no escusado, no coche, no cine, na cea. Ao durmir non tes maneira de escapar desa chamada do “xefe”as tres da maña, as mensaxes que deixan rastro non podes dicir que non che chegou ou que non oiches. Márcache citas, horarios; permíteche estar aparvado unha morea de tempo en Internet. Mentres a
familia está reclamándoche porque non lles pos atención. De cando en vez vexo a algúns executivos, políticos, e xente normal nas cafeterías pegándolle a “bola” como tolos, onde se
senten moi importantes porque o “xefe” lles regalou o “BlackBerry” para que non escapen dos campos de traballo.

Estes americanos lévano no sangue. Non podían ter pensado un nome mellor.

(En lembranza a miña querida nai falecida hai uns días).
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural