Halloween, Samaín ou Defuntos
lunes, 31 de octubre de 2011
Nunha primeira lectura poden semellar a mesma celebración con idéntica mensaxe. O Halloween ou Samaín efectivamente é unha festa ancestral, evocadora do mundo do máis alá, de orixe celta, exportada a Norteamérica e de novo importada ao noso ámbito cultural.
Sería una pena que, sen máis, nos deixáramos invadir por estas modas e modos de pensar ante o misterio da morte.
Precisamente no calendario do Ano Litúrxico a Igrexa recórdanos nestas datas que nos debemos sentir alegres e agradecidos pola multitude incontable de persoas, coñecidas ou non, que nos
precederon nesta vida e que agora xa non están con nós.
Moitos de deles, por non dicir a inmensa maioría, son os santos que xa participan plenamente na resurrección de Cristo.
Ser santo é ser benaventurado, e benaventurado é o mesmo que feliz: eles viven, xa para sempre, a felicidade e a dita que só Deus, o Santo dos santos, nos pode regalar.
Esa é a esperanza que temos os cristiáns e que celebramos nestes días primeiros de novembro. Non son días para vivir con medo e con tristura.
Tampouco para xogar ou facer un divertimento a costa do máis alá. Santos e Defuntos son días de loanza e acción de grazas por tanta xente de ben que pasou por esta vida e agora viven doutra maneira para Deus. Esta é a nosa meta e a nosa esperanza.
Rodríguez Basanta, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora