Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir en Galicia

jueves, 28 de octubre de 2004
Eu, que tendo a estimar o que posúo (sen caer no conformismo), tanto a escala individual como colectiva, pensaba que "Vivir en Galicia" era algo digno de ser valorado, non só polas condicións económicas senón de xeito especial polas sociais.

Pero o meu gozo -en canto á economía- queda nun pozo. E alguén terá que facer un estudio das condicións sociais para que os galegos non caiamos de súpeto no maior dos desánimos.

O Consello Económico e Social de Galicia (C.E.S. para os amigos) ven de facer pública a dura realidade económica deste país que, integrado na Unión Europea, ocupaba ata agora o posto 183 dun total de 211 rexións que compoñen este macroestado que nos engloba.

Resulta que a Unión ven de ampliarse ata vintecinco países asociados, en base a nacións que eu coidaba especialmente subdesenvolvidas, co que para potenciar o seu crecemento había que perder algunhas das axudas que por atrasados se nos daban, pero habería que dalas por ben perdidas se as condicións destes novos países o esixían.

Pero o gozo de verse damnificados para axudar ós máis pobres vese oscurecido cando gracias ó C.E.S. nos enteramos de que das 41 novas rexións incorporadas só 6 están menos desenvolvidas que Galicia. E que do posto 183 pasamos ó 218, dun total de 252. Eso a pesar de que o noso P.I.B. subíu un 2,4% no pasado 2003.

A situación non ten visos de mellorar, agora que vai celebrarse o cabodano do Prestige, porque nin sequera imos ter un Plan Galicia que levarnos á boca, xa que o silencio de Rajoy no Parlamento sobre este tema clarexa abondo o carácter de non prioritario do imprescindible Plan nin sequera para o primeiro partido da Oposición.

Vivir en Galicia, ¡que bonito é!, proclama o cantar. Será por "andar de baranda, e durmir de pé", que o que é pola economía temos 217 sitios mellores en Europa onde traballar e vivir, incluídos amplos territorios de tras do desaparecido telón de aceiro.

Menos mal que nos quedan as festas e o bo humor. E o clima no verán, que aquí se respira moito mellor que en Madrid.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES