Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noraboa a Viladonga

martes, 25 de octubre de 2011
O Museo do Castro de Viladonga cumpre 25 anos. Pero esta celebración provoca unha sensación distinta a outros cumpreanos semellantes, porque foron anos vividos intensamente, día a dia: milleiros de visitas (unhas 19.000 anuais) que marcan definitivamente, ás/ós que traspasamos as súas portas.

Alí recoñecémonos na nosa orixe, coma pobo e cidadáns desta paisaxe: os primeiros labregos, canteiros, mulleres e homes que honraron aquí os seus antepasados. Un facho cultural cunha proxección diaria e puntual en todo o país. Porque non estamos falando só dun espazo ou mostra, neste tempo estivemos compartindo e atesourando, entre nós, a xenerosidade e experiencia de Felipe Arias e outros/as investigadores, técnicos, guías, que traballan sen acougo neste eido, sen esquecer o uso das novas tecnoloxías para ofrecer a interpretación máis exacta da época galaico-romana.

Mesmo a revista Croa espalla o eco destes achados polo mundo adiante. Non falamos dun almacén de obxectos antigos, é un manancial de vida, e coma tal, está a renovarse a cotío.

Festexamos unha traxectoria que endexamais perdeu a frescura da renovación cotiá. Sempre volvemos expectantes e aprendemos algo novo, froito das escavacións do castro, leito do museo. Viladonga é unha escola da nosa identidade coma pobo, ali acreditamos que a historia é a mestra da vida, pero tamén a prehistoria. Ó seu abeiro moitas nenas/os nas visitas escolares emocionanse porque se senten herdeiras/os dun patrimonio que agranda o seu espírito.

E compre celebralo, porque na Terra Chá somos afortunados, e contamos con dous museos que son pioneiros no pais. O outro é o Museo de Arqueoloxía e Prehistoria de Vilalba que fundou o médico Xosé Ramil, colaborador de Viladonga, e daquela o mellor coñecedor do paleolítico galego, o gran descubridor dos nosos abrigos prehistóricos. Non esqueceremos a enerxía coa que nos demostraba que aquí tamén había o silex co que fai 10 ou 15 mil anos facían ferramentas e utensilios.

Á luz destes focos culturais descubrimos que a Chaira non é só unha “patria poética” ou un obradoiro de canteiros, ten tamén os mestres máis senlleiros, puntas de lanza da arqueoloxía, que foron creando arredor deles tantos discípulos que seguen a súa rota. Estes centros son un prodixio de ciencia e arte, ó pé da casa.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES