Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rivera Mallo

viernes, 21 de octubre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO


Estou sorprendido, desconcertado e incrédulo ante a inminente marcha de J. Luís Rivera Mallo ao PP, acadando os da gaivota a maioría de goberno. Un home que hai unha morea de anos que o coñezo persoalmente. Estou a falar desde cando era correspondente do Faro de Vigo a finais dos anos 70,

Sorprendido: ante a súa traxectoria como cabalo de Atila arremetendo contra o Partido Popular, sendo en esta lexislatura un látego voando pola sala de sesións do Concello de
Vilagarcía fustrigando contra o grupo de Goberno.

Desconcertado: pola súa andaina desde que foi torpedeado pola cúpula do PP cando estaba de presidente do Porto de Vilagarcía, onde pasou un calvario de agresións morais, insultos e
graves descualificacións por algúns dos que hoxe o reciben cos “brazos abertos”.

Incrédulo: ao sentirme persoalmente “ninguneado” por ser intermediario entre IVIL e I.U., cousa que cheguei a facer falando cos dirixentes da citada coalición de esquerdas, onde se
propoñía unha alianza de IVIL coas forzas da oposición para tombar ao goberno de Fole.

Sabía de antemán que con IU sería impensable. Así foi, a ética e a dignidade dos dirixentes de esquerdas estaba por riba do mercadeo, cousa que persoalmente congratuleime.

O Sr. Rivera comenta: que aceptou o pacto para facer un servizo máis a Vilagarcía e toda a bisbarra; coido que estas palabras no deixan de ser un insulto á intelixencia. É unha mágoa
que en 24 horas o Sr. Rivera guindara pola borda toda unha bagaxe da súa andaina política.

Coméntolle ao Sr. Rivera sen ningunha acritude que, estes arranxos feitos desta maneira é o arte de como levar o zapato dereito no pé esquerdo sen que lles salgan callos. Neste caso, a
máis de un vanlles saír os pés desfeitos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES