Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos concelleiros

viernes, 14 de octubre de 2011
Portugal ten problemas económicos, como case todos os paises do noso contorno. E trata de poñerlle solución de maneira diversa, pero unha hai que chama a atención por pensar que pode ser un punto de partida para especular política e socialmente se podería ter aplicación entre nós.
O goberno portugués, entre as medidas que estudia para o futuro, considera efectuar unha reorganización das administracións municipais, incluíndo a diminución dos concelleiros nun trinta por cento para contribuir á reducción do déficit a que está obrigado pola convivencia económica internacional.
A medida contempla tamén a reducción de circunscricións ou freguesías, e reorganización total da administración portuguesa, acorde cos tempos presentes e cos que se prevén veñan no inmediato futuro.
Este é un tema co que, polo de agora, por aquí non nos atrevemos, aínda que chegará o momento de contemplalo. Si se planteou a reducción de entidades dependentes da administración, supresión de altos cargos, pero non chegar ó meollo dunha cuestión que comprendería fusión de concellos, reducción do número de concelleiros, reducción de dedicacións exclusivas, e coordinación efectiva das diversas competencias para evitar duplicidades.
Portugal é o exemplo perfecto e cercano. Se levan a efecto esta medida de reducción, haberá que contemplar aquí algo similar para ser consecuentes coas necesidades e posibilidades dun tempo coma este.
Desde 1975 ata este momento vivimos momentos de euforia continuada, incrementouse o poder local, os alcaldes pasaron a cobrar un solto moitas veces oneroso para as cargas municipais, e os concelleiros perciben en moitos casos compensacións cuantiosas por un labor que podería e debería ser totalmente gratuito.
O de Portugal pode ser un exemplo. E para todos nós, un aviso que a fin de contas non é máis que a lembranza do vello refrán que afirma que se as barbas do veciño vemos pelar, as nosas deberán poñerse a remollo para similar acció
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES