Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo é un coche

jueves, 13 de octubre de 2011
Cando, hai uns meses, abriron as portas ó público as instalacións termais ribadavienses do Prexigueiro, fixen ademán de ir coñecelas por aquilo de que tódalas instalacións termais da zona que eu coñecía están situadas na marxe esquerda do río Miño, tanto no municipio de Arnoia coma no de Cortegada.
Sen embargo, unha cousa son os ademáns e outra que os acenos –ou as intencións- que un programa cada día se fagan reais porque logo ven precisamente o día a día e o día a día leva a un con frecuencia a adiar o que un programa.
O mércores, cando saíu publicada a información sobre o campismo nudista que se xerou arredor daquela bucólica paisaxe como consecuencia da arribada multitudinaria que provoca cada ano a Festa da Istoria, xusto por riba do titular escrito pola miña compañeira Sabela, eu escribín a seguinte nota: “Turismo é un coche”. E decidín que era momento de ir coñecelas, coa firme idea de que non me sorprenderían pois o que ata aquel momento vira a través dos medios de comunicación resultárame sinceramente atractivo.
Así que aproveitei unha viaxe de volta que fixen a Vigo e ó chegar a rotonda da nova estrada que comunica Cortegada coa Cañiza, no canto de coller cara a nova ponte que cruza o Miño sobre Filgueira, desvieime cara as termas devanditas.
Xa non quedaba absolutamente nada da acampada nudista e a tranquilidade –que é o que se espera cando un se acerca a unha paisaxe tan recollida- presidía os momentos previos á despedida da luz do día. Pedín unha cervexa e escoitei a dúas persoas que detrás de min falaban do potencial que aquelas instalacións posuían e de cómo melloralo. Supuxen que tiñan algo que ver coa súa xestión, pero loxicamente non preguntei nada.
A quen si lle preguntei foi á rapaza que amablemente me atendeu, interesándome por se era posible visitar as instalacións sen ser usuario delas. Ela díxome que dende a fiestra da cafetería podería ver unha das pozas e, logo, dende a recepción era posible ver as restantes.
Evidentemente, fixen o que ela me dixo. Primeiro observei con prudencia a un grupo de xente gozando do pracer da auga na primeira bañeira e logo achegueime á porta da recepción, onde outra moza descansaba fumando un cigarro e sentada nunha pedra.
Eu, coa confianza que me deran as palabras da súa compañeira, pregunteille: “Podo mirar”. E ela, sentada como estaba e sen amosar o máis mínimo interese por saber con qué obxecto eu fixera aquela pregunta (se como usuario ou como posible divulgador do entorno), contestoume –cun medio sorriso, iso si- “pois non, directamente. E coa mesma pachorra coa que fumaba, coa mesma pachorra quedou sentada, completamente convencida do ben que actuara na defensa da intimidade da súa empresa, mentres eu desandaba os meus pasos cara o coche completamente convencido de que na provincia de Ourense –traballe no sector que traballe e dun xeito moi especial se traballa no sector da hostelería- continúa a haber un “xentío de xente” que segue pensando que “turismo” é sinónimo de “coche”, exclusivamente.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES