Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xenes Campesiños

viernes, 22 de octubre de 2004
Ó comezo dos setenta, Salvador Távora montou un espectáculo no que cantaba ós "Campesinos tristes / de mi Andalucía", reivindicando -quizáis na mesma liña de "Andaluces de Jaén / aceituneros altivos..." de Miguel Hernández- o papel histórico e social dunha clase sempre esquecida; sempre mancada.

Dos campesiños tamén se ten lembrado o galego Fidel Castro, cando dixo que o seu espíritu rebelde seguro que lle viña dos xenes dos seus antepasados, campesiños explotados na Galicia rural doutro tempo.

O herdeiro daqueles xenes campesiños, con 78 anos, está forte aínda que a natureza, axudada polos desniveis do terreo, ven de xogarlle unha mala pasada da que saíu -pese á espectacularidade- cunha simple fractura.

Para os devotos de "Cuba libre", que non resposte somente ó nome dunha bebida baseada na Coca-Cola, Fidel Castro é a barreira que impide a democracia naquel País, fillo noso por tantos motivos.

E calquera pode anceiar liberdade para os cubanos, que tantos xenes campesiños galegos levan consigo, pero nunca caer no despropósito de Loyola de Palacio: "Todos esperamos que Castro muera cuanto antes".

Porque Fidel Castro só é un lider, que representa un tempo, e ten detráis de sí ideolóxica e políticamente a moitas persoas. Que non está só, aínda que ó mellor cando falte desapareza o seu réxime como un castelo de naipes que se derrumba. Pero ningún político pode pedir a morte doutro como solución.

Se Loyola de Palacio tivese tamén xenes campesiños, tería o "sentidiño" galego no sangue e non caería en tan absurdo e descalificador aserto.

Pero acaba de demostrarnos que, se ten xenes galegos, non proceden do mesmo tronco que os de Fidel Castro. Nin dos nosos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES