Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

David Cal

jueves, 21 de octubre de 2004
Este verán, Galicia enteira -España enteira- vibrou de ledicia cando un rapaz galego, David Cal, acadou a única medalla de ouro para o piragüismo galego nos Xogos Olímpicos de Atenas.

Quedaban xa moi lonxe os tempos nos que os galegos de Lugo Cuesta, Villar, e naturalmente Ramos Misioné, acapararon tódolos triunfos piragüísticos a escala europea e mundial.

O triunfo de David Cal foi un pouco o triunfo de todos; o triunfo de Galicia nunha competición deportiva na que a auga -un dos elementos simbólicos do noso país- ten especialísimo papel.

Os medios informativos rodearon ó triunfador e á súa familia. Súa nai, panadeira, foi protagonista das ondas de radio e televisión.

Desde entón David Cal viviu unha vida especial e artificial... Recibido polos Reis e Zapatero, saques de honra, medallas de ouro, inauguración de cursos, pregón das festas, foi elixido mellor palista na Gala do piragüismo español... pero non consegue patrocinador.

O piragüísmo non ten valiosos trofeos nin importantes dotacións económicas que permitan a un rapaz vivir do seu traballo.

Polo tanto precisa un patrocinador que lle permita seguir entrenando e vivir mentras tanto. E non aparece. A pesar dos triunfos, a pesar das felicitacións, das recepcións... Ningunha institución oficial se ofrece para apoiar o que xa non é unha promesa senón firmísima realidade. Ningunha Caixa, Banco, Auga Mineral ou Gran superficie tivo a ocurrencia de aproveitar a sona mundial deste rapaz para aumentar os seus beneficios.

En tempos, seica, escribir en Madrid era chorar. Polo que se ve, facer deporte en Galicia, a estas alturas do século XXI, ademáis de ser difícil, corre o perigo de ser inútil.

Agardemos que non sexa así.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES