Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hipoteca

martes, 04 de octubre de 2011
É a cruz actual de moitos galegos, que se presenta con toda a súa dureza ó final de cada mes. Son os préstamos hipotecarios suscritos cando a construcción era a solución económica do país, e que agora son unha lousa pesada .
Os bancos, conscientes ou nunha tola inconsciencia, fomentaron os cretos hipotecarios que cubriran non só o piso senón tamén os mobles e pode que o coche. Era a solución económica para moitas familias que empezaban a vivir; é a lousa que moitas familias teñen que soportar, cando non teñen perdido o seu ben material máis preciado ó non poder afrontar os pagos da hipoteca.
Na actualidade as hipotecas téñense reducido este ano un cincuenta por cento en relación coas do ano pasado. Se esto é un índice da marcha económica, mal vamos. Porque na actualidade hai que ser moi valente para afrontar unha hipoteca. E hai que ser case un potentado para que unha entidade de creto conceda un destes pasaportes cara á propiedade dun lugar onde vivir.
Nos sete primeiros meses deste ano, os bancos e entidades de aforro de Galicia tiñan concedido 1.598 préstamos hipotecarios, o que nos retrotrae á situación a 2003, cando aínda non comezara o furor de adquisición de primeiras ou segundas vivendas.
De pouco vale que os precios da vivenda baixaran arredor dun vintecinco por cento nos últimos anos, xa que a situación tampouco permite afrontar adquisicións imposibles de pagar. E con anterioridade os precios disparáranse de tal xeito que calquera observador medianamente avispado tiña que ver que o desastre ía chegar máis axiña que tarde.
O Banco de España estima que baixando o interese das hipotecas nun 1%, o consumo iase incrementar nun 3%, reavivando a economía. Quizais o máis sensato sexa pensar que canto máis se poidan baixar as hipotecas menos familias sufrirán o acoso ó que a crise as somete, e menos vivendas deixarían de pertencer ós seus ilusionados propietarios para pasar ó fondo das entidades de aforro que logo as han liquidar a precio de saldo en lugar de atender ás posibilidades dos seus lexítimos propietarios.
As hipotecas son un lastre, necesario, agobiante. Quen goberne debe tomar conciencia do tema e evitar o que supón unha sangría para milleiros de galegos con tremendas dificultades para afrontala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES