Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

País de plastilina

miércoles, 28 de septiembre de 2011
Hai un país que vive arrodeado de tres cuartas partes de auga e outro tanto de acredores, prestamistas e especuladores. E non é Grecia. Non é país para pensionistas nin futuros universitarios. Abstéñanse tamén funcionarios novos, condutores de coches oficiais e bedeis das Deputacións.

Hai un país que apostou na xogueta máis do que tiña e perdeu. Rien ne va plus! É un país que reverdece contra ao norte, pero non é Irlanda. Máis ben é un país de bordos imprecisos que define a súa contorna nos mapas independentistas a golpe de Photoshop. Clic. Arranxado.

Antes era un país fachendoso que rexeitaba traballos de inmigrantes porque podía. Era un país que dicía que os arxentinos eran uns soberbios. Puse dólares y quiero dólares. Agora é un país ao borde do corralito emocional que olla de esguello cara á terra do dracma porque (desde xa) este é un país obsesionado co déficit cero. Puxen euros e quero do que haxa. Non hai que esquecer que neste país un día a banca berrou socorro: - ( A banca berrando): Socorro!!

Este é país de recortes e reproches. Un país de plastilina que ten que repensarse máis do que se pensa. País de vellos complexos e frustracións. País de internautas e astronautas. En definitiva, un país que morreu de éxito e que agora desconfía dos chineses que o van ocupar con ese seu silencio riscado: un todoacén non era igual a todoaunheuro. Saber sabíano todos, pero coláronlla. Inflación de sopa de quenlla.

Agora é un país que ve “barroso” o seu futuro. E non é Portugal. É un país que non sabe onde ha de mirar: revoltas árabes aos pés e, por riba da cabeza, intrigas do FMI. Quítate tú para ponerme yo. Este é un país de ERES, peches de empresas, despidos, manifestacións, folgas e prexubilacións, onde, ninguén sabe como, Inditex sempre obtén beneficios. Éche un país entre Gulliver e Alicia, onde a proporción do desastre depende do día, da hora e do humor dos especuladores. Pero, por riba de todo, é un país que o vai solucionar todo en novembro.

Disque corre o ano 2011 e en Europa pon orde unha muller. Outra odisea máis, pero xa non vive Kubrick para facer unha revisión do clásico.
Perez Rei, Mariña
Perez Rei, Mariña


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES