Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da terra e do mar

viernes, 15 de octubre de 2004
Destes dous mundos viviu Galicia: Da terra e do mar. E seguirá a vivir, con variacións, pero sen alterar o sustancial. Por algo estamos a falar de sectores primarios que evolucionan tal como pide o tempo que vivimos.

Do mar é a actualidade porque o novo comisario europeo, o maltés Borg parece ser bastante máis estimado polas xentes do mar ca o anterior xa que (din: "peor ca Fishler non vai ser") alomenos está disposto ó diálogo e a escoitar sen ter como permanente punto de mira o desguace da flota para eliminar problemas retirando brazos e barcos da pesca europea, tendo sempre os galegos as de perder.

Da terra é tamén a actualidade, aínda que sexa referida a existencia neste pequeno país dun total de 470 casas rurais con 5.161 prazas hoteleiras.

Nos dous casos o sector económico ascende, e de economía de subsistencia para a un mundo de pequenas ou medianas empresas cun capital, unha organización, e uns naturais beneficios.

Nin a pesca en Galicia é o que era (milleiros de pequenos barcos artesanais loitando por un sustento diario), nin o rural é o que conocimos hai tempo.

Hoxe no rural as explotacións vense forzadas á evolución, á transformación industrial, coa conseguinte dignificación do traballo e das persoas e rendibilidade esixible a toda pequena industria. E esa especialísima vertente do turismo que comezou timidamente sendo unha campaña de "Vacacións en casas de labranza", está sendo unha explosión hoteleira e hosteleira con restauración de vellos edificios que auguran un porvir xeitoso para os promotores, un destino anceiado polo moderno turismo racional, e a revitalización dun espíritu de volta ás orixes que ven ser como unha moderna versión da "descansada vida" que proclamaba Frei Luís.

Da terra e do mar vive Galicia. A pouco que se lle axude ós dous sectores, temos garantido beneficio social para todos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES