Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas que non entendo

lunes, 26 de septiembre de 2011
Algún día proporeime crear unha sección xornalística ultrarrápida, tipo "Twitter" (é dicir, que teña un límite curto –algúns máis de 140- de caracteres) e que leve por cabeceira o titular desta columna co fin de expoñer -ou mellor dito, de compartir con vostede, benquerido lector- as moitas cousas que acontecen no día a día no que vivimos e que non logro entender por máis que trate de aplicarlles tódalas fórmulas posibles da lóxica -¡e mira que hai unhas cantas!- e por máis que trate de miralas e remiralas dende tódalas perspectivas desde as que poden ser susceptibles de seren analizadas
Digo isto porque, día si e día tamén acontece que pasan por diante da miña pantalla de observador episodios políticos, declaracións, proxectos e pseudoproxectos, noticias ou interpretacións da realidade que para min non se sosteñen ou non teñen o máis mínimo fío por onde seren collidas e, sen embargo, ós ollos -e á interpretación- do común adoitan seren normais ó cal me posiciona a miúdo nunha situación intelectualmente incómoda porque non podo ser tan petulante como para pensar que a razón está da miña parte e o resto da humanidade está equivocada.
Para ilustrar isto que digo voulle poñer hoxe tres casos que forman parte da actualidade e que ó lelos provocaron repetidamente nos meus adentros a expresión capitular desta columna. É dicir: ¡Non o entendo, por máis que mo expliquen, no o entendo!
Vexamos:
Non entendo, por exemplo (e seguro que hai razóns), cómo despois de ter soportado o peso de todo o proceso de "salvación" dunha entidade financeira como entidade financeira galega, a propia entidade anuncie a prexubilación do devandito xestor, con menos de 55 anos, mentres o seu mentor -que suma oitenta cumpridos- permaneza no núcleo duro do novo equipo de xestión.
Como tampouco entendo, por exemplo, que agora a educación apareza como un dos alicerces fundamentais do futuro do Estado e "todocristo" se mobilice para evitar a súa "defenestración" porque a clase docente se teña visto na tesitura de ter que impartir tres ou catro horas máis de horas lectivas á semana, e sen embargo durante os últimos 30 anos toda a clase política se teña encargado de dinamitala ata o punto de consolidar 17 modelos educativos diferentes para un só Estado.
E tampouco entendo -xúrollo de veras- que mentres nunha comarca galega como é a Costa da Morte acaban de ver o ceo aberto porque a clase política decidiu colocar a primeira pedra para a construcción dun parador, noutros lugares desta nosa bendita terra haxa xente que se felicite xusto polo contrario co argumento falaz de que os nenos aprenden só con mirar precisamente para as pedras.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES