Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chegada do Ave e o burato do condón

miércoles, 21 de septiembre de 2011
A propósito do tan traído e levado asunto da chegada do AVE a Ourense, hai uns meses escribín unha columna na que me reafirmaba en que o permanente debate aberto sobre se o tren finalmente nos visitaría no 2015, no 2016 ou no 2050 eran tan absurdo e gratuíto coma aqueloutro que unha vez pratagonizaron dúas lavandeiras ó ver pasar á filla dunha "colega" co bandullo aparentemente inchado e que as enrocou a cada unha delas na súa antagónica posición, ata que chegou unha terceira e lles dixo que se cadra era mellor que apagasen tan ardida discusión porque non ía facer falla agardar, sequera, a que nacese a criatura para certificar se a moza estaría preñada ou non.

Volvo hoxe sobre aquel simulador, e sen esquecer o artigo desoutro día na que avogaba por iniciar unha nova sección que se titulase "cousas que non entendo" porque a que hoxe traio novamente, da man da actualidade, a colación forma parte do mesmo paquete das "cousas" que se escapan -dígollo sinceramente- da miña capacidade de análise e de razón.

Vexamos, senón. Hai tan só uns meses, se a algún político de calquera outra formación que non fose o PSOE -fundamentalmente o PP-, ou mesmo a calquera librepensador, se lle ocorría poñer en solfa o ano 2015 como o "ano do señor", é dicir, como o ano no que a cidade de Ourense saudaría a chegada da nova "nosa señora de ferro", toda a furia do "patrón" -é dicir, do todo poderoso ministro de Fomento-, e, como consecuencia, toda a ira dos seus correlixionarios caía sobre aquel que ousase negar -non xa tres, senón unha soa vez- tan incuestionable cuestión.

Agora, sen embargo, cando o "patrón" está a piques de baixar da locomotora que carraba de aquí para acolá os milleiros de millóns que se necesitan para levar a cabo tan custosas obras, resulta que non só el mesmo xa empeza a falar do 2016, senón que chega a asegurar que a culpa de que ata o de agora defendera a data por "riba de muros e valados" e con tanta vehemencia como sufriron algúns ourensáns que tiveron o arrouto de dubidar das súas palabras en vivo e en directo, tívoa (¡equilicuá!) Núñez Feijóo.

É dicir, resulta que o que máis manda de todos cantos cometeron perxurio cada vez que interpretaron no Parlamento, no Concello, na Deputación ou a través dos medios de comunicación a canción do "Non, non, non..., o AVE non chega a Ourense no 2015, non", foi o que chantou alí a data, e o ben intencionado Ministro, por non facerlle un feo ó “seu” presidente, deixou escribir no documento, non o que recomendaban os técnicos, non, senón xusto o que lle conviña –para logo arrebolarlle con ela na cara- á oposición.

É dicir, que ó final era certo que a moza estaba preñada . E, mira por onde, a culpa do empreñamento non foi de ningún dos dous. De quen, entón? Pois, de quen ía ser, senón. Do espermatozoide e do óvulo, por seren inmunes ó burato do condón.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES