Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Luis Sáez Moreno

lunes, 11 de octubre de 2004
En silencio, como viviu os seus últimos anos, ven de morrer en Lugo Xosé Luís Sáez Moreno. Rexentaba unha academia na capital lucense, e os últimos anos levou con total enteireza a enfermidade que o ía minando.

Coñecín a Xosé Luís cando eu facía información para varios medios e el era crego na montaña lucense. Finais dos setenta/comezos dos oitenta.

Era un crego especial, que sabía ver o contorno con ollos críticos. Primeiro en Monforte como crego obreiro; logo, na montaña, á que quixo redimir.

El foi o que denunciou a existencia de bocio endémico na Montaña, sobre o que publiquei unha reportaxe en "Tribuna Médica" que foi noticia en toda España e Europa.

El foi quen nos deu para publicar aquela foto histórica na que xentes da montaña levaban a enterrar nunhas angarelas o cadaver dun conveciño porque era inverno e a parroquia non tiña estrada de acceso.

Xosé Luis Saez Moreno tiña un espírito moito máis grande e moito máis libre do que permitía a estructura no que estaba encadrado.

E retirouse, como tantos outros que buscaron mellor acomodo vital. Respectabilísimos no seu claro comportamento. O mesmo que o daqueles que persistiron no seu ministerio difícil e incomprendido.

Un desperta cada día coas novas dos amigos mortos. Como dicía Trapero, cada día son máis os que posúo nas terras do máis aló.

Hai uns días fóiseme Xosé Luis Sáez Moreno. A montaña perdeu un valedor ó que os anos e os atrancos foron mancando. Eu perdo un amigo que, ó telo cerca, estaba moito máis lonxe que cando na montaña apostolaba.

Densansa en Paz, Xosé Luis, e agarda por nós no ceo dos que amaron á Galicia máis lonxana, pobre e abandoada. No ceo dos humildes, dos xenerosos, dos santos de a pé.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES