Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eficiencia, palabra "mantra"

lunes, 12 de septiembre de 2011
Andaba eu en pleno debate socio-filosófico sobre a necesidade de acometer unha profunda remodelación do sector do transporte por estrada desta nosa terra dos mil ríos e das dez mil vereas se non queremos que todo o mapa de Galicia que se atopa a máis de cincuenta quilómetros do mar quede definitivamente ermo, cando a patronal ergueu a voz (non, loxicamente, polas miñas teimas, senón porque a Consellería de Educación debe querer tocarlles na carteira) e veu a dicir algo así como que, se os pais queren que os autobuses leven ós seus fillos ó colexio van ter que ser eles os que metan a man -unha vez máis- na carteira.

Din que as contas no lles cadran e eu, sen meterme onde non me chaman porque nin sei o que custa un autobús nin o que custa mantelo durante todo o ano, ó ver que a Xunta de Galicia inviste cada curso 120 millóns de euros en transportar a 90 mil nenos e nenas, sentín acenos de botar man da calculadora para decatarme de que cada neno "recibe" cada curso escolar unha bolsa indirecta para o transporte, de nada máis e nada menos ca de 1.333,33 euros.

E de seguido, ignorante de min, viñéronseme á idea unhas cantas preguntas que seguramente tamén lle pasaron pola cabeza a vostede, se é que escoitou, viu ou leu estes datos que eu traio a colación agora mesmo.

A primeira de todas, botando man dos casos máis afastados e daquelas aldeas máis despoboadas nas que a miúdo un autobús non recolle a máis de tres ou catro alumnos, lévame, unha vez máis (algún taxista vai pensar que collín fixación con eles) a pensar nos servizos públicos de transporte municipal -é dicir nos taxis, que a miúdo nos esquecemos de que son servizos públicos municipais- e a preguntarlle a calquera taxista se non estaría disposto a asinar un contrato coa Consellería de Educación que lles garantise unha serie de viaxes diarios ó longo dos preto de 200 días que dura o calendario escolar.

A segunda que acode a min, como implorando unha resposta que aínda ninguén foi quen de colocar por riba da mesa malia que no transcurso do goberno bipartito houbese un intento que non sei en qué quedou, é a relativa a por qué raios non se promove que nos autobuses escolares poidan viaxar outras persoas que son, en moitísimos casos, veciños porta con porta, incluso familiares e, en todo caso, coñecidos dos nenos, que mesmo poden velar por eles mentres duran os traxectos.

É dicir, por qué demos non se racionaliza ou non se procura a eficiencia -que é outra das palabras “mantra” desta crise que nos acosa- dun servizo que igual có dos taxis é un servizo público, sen ter que chegar a aquilo de Cuba, que te multan por non parares se te cruzas con alguén facendo "dedo".
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES