Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Infecunda Galicia

jueves, 08 de septiembre de 2011
O número medio de fillos por muller en idade fértil ten que ser 2 ou máis de 2, para que a poboación se manteña. Pero poucos paises do noso contorno conseguen esa taxa, e de todos Galicia ven ser case o último.
Das rexións que pertencen á Unión Europea, só Asturias e Cerdeña, con 1,07 e 1,11 respectivamente, teñen un coeficiente inferior a Galicia en canto a número de fillos. Despois deles, Galicia, con un tristeiro 1,12.
Antes, os nenos –dicíase- viñan “cun pan debaixo do brazo, afirmación que viña responder á seguridade de que fose como fose existía un futuro, os nenos eran a salvación da familia, e non só porque fosen unha fonte moi barata de man de obra, senón porque daquela aínda non existía o coutamento de hoxe de control da natalidade con vistas ás posibilidades futuras da familia.
Ter un fillo supón soportar importantes gastos desde o momento da súa concepción, quizais problemas laborais dos pais, e de cara ó futuro condicionamentos fortes en canto a vivenda, vestido, educación, transporte, e un etcétera tan amplo como nos marcan en todo momento os compromisos da nosa consumista sociedade.
E do mesmo xeito que se complicou o xeito de vivir, os galegos fixémonos cómodos, hedonistas, satisfeitos do que a natureza e a sociedade nos dá, reservados para compartir esa satisfacción con ascedentes ou descendentes.
Por unha ou outra razón, cada día somos menos galegos, cada día somos máis vellos, e cada vez botamos ao mundo menos nenos, chegando na actualidade a ese ridículo 1,12 de índice de fillos por muller en idade de telos.
Infecunda Galicia por ser infecundos os posibles pais. E de pouco valen as medidas de apoio á natalidade, que moito máis drásticas e xenerosas deberían ser para constituir un factor de ánimo entre posibles pais que cada vez retrasan máis a paternidade, e que cada vez en maior medida se quedan sen disfrutala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES