Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que Rubalcaba se acaba

jueves, 01 de septiembre de 2011
Zapatero noqueado polas súas veleidades dereitistas , as súas incapacidades económicas, o seu alonxamento socialdemócrata, a súa mediocridade dirixente, a súa rendición aos mercados, o seu ninguneo internacional, tivo que renunciar a continuar co liderado político do PSOE sabendo moi ben a desfeita electoral que iso significaba.

Búscouse, entón, desesperadamente un substituto e atopouse en Rubalcaba o merlo branco que poidese cambiar as cousas dada a súa locuacidade inquisitiva e brillante. Pero, claro está, para poder erixirse nun líder capaz de atraer ao conxunto de exvotantes do PSOE desencantados, que para iso foi nomeado como candidato, tiña que facer un acto de fe progresista diferenciándose claramente do seu antecesor, doutra forma non tería sentido a mutación.

Declaracións no seu nomeamento como candidato parecía que así era, pero ao parecer foron cantos de sirena propias do ardor do momento, porque a partir daí o que foi propondo non son máis que nimiedades sen orixinalidade,interese, nin avances decisivos ningún.

Pero a base de mollarse pouco ía tirando dicindo banalidades de queda ben, ata que agora tivo a mala sorte de que se viu ante a proba do algodón e resultou que o pior inimigo o tiña na casa, e non era Rajoy senón Zapatero. O actúal presidente do goberno nun momento de inspiración esotérica decide que de inmediato había que constitucionalizar o límite do déficit público con enorme ledicia do PP que xa o reivindicara no seu día. Tan de inmediato, que tiña que ser antes das eleccións lexislativas do 20-N.

O pobre Rubalcaba debeu quedar en trance. Debedor dos favores políticos de Zapatero, imposibilitado, pois, de rebelarse, e sen saber se Zapatero, en realidade, o ama ou o odia, ten que avalar tal despropósito do seu xefe. Humillado, remata aceptando o de aparecer como inspirador das migallas que lle ofrece: subir media décima o límite do déficit inicial acordado (do 0’35 ao 0’40 %) e incluílo nunha lei orgánica en lugar da Constitución.

O ridículo de Rubalcaba nesta operación pantasma de Zapatero significa o seu finiquito electoral. El, tan dado á demagoxia participativa con guiños ao 15-M, non é capaz de prantarse e dicirlle que algo tan transcendental, que non está en ningún programa do PSOE, que nunca falaron diso, que ademais se vai a efectivizar dentro de nove anos, debería esperar a discutirse máis en serio ou, noutro caso, que sería unha obriga democrática consultar ao pobo para que sexa quen decida diante tanta prema sobre algo que vai afectar dun xeito fundamental as súas vidas, porque esta decisión non sabemos se dará seguridade aos mercados, o que se sabemos é que dará total inseguridade ao benestar social dos cidadáns.

Se xa somos os que menos gastamos en políticas socias da UE-15, os que temos a súa fiscalidade máis regresiva e inxusta, pola que pagan máis os que menos teñen, os que estamos cheos de paro e faltos de crecemento, se por riba nos limitan o déficit recortando a posibilidade de endebedarse (cando temos na actualidade un endebedamento público moito menor que o de Alemania, o país líder da UE) para axustar os bens sociais ás necesidades populares, o malestar social agudizarase.

Rubalcaba foi escollido como candidato non para facer cambiar o voto que xa recolle o PP, senón para atraer o voto dos seus desafectos e dunha esquerda que abandonou ao zapaterismo, e que agora se abstén ou vota outras cousas. Para iso tiña que dar unha imaxe realmente progresista que contrastase nidiamente coa de Zapatero. Pero, agora, demostrada a súa complicidade co presidente e de rebote co PP, enfrontase aos sindicatos, a toda a esquerda, aos indignados, é dicir aos seus posibles nichos electorais que, esixen con mobilizacións un referéndum diante tamaño desatino. Así, que adios Rubalcaba, adios.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES