Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Forum Xacobeo

lunes, 27 de septiembre de 2004
O Forum de Barcelona ven de rematar, e xa se anuncia o próximo para o 2007 en Monterrey-México, o que parece evidenciar que é algo organizado con tempo e non unha iniciativa improvisada para tentar que hacia Barcelona discorran parte das correntes humanas que neste Xacobeo veñen a Galicia.

O seu nacemento parecía como se fose unha contraprogramación a esta nosa avalancha humana que ten a vantaxe de ter máis de mil anos de antigüidade e que case podería funcionar soa pero non lle ven mal a potente acción promotora que a Xunta está a levar desde que Vázquez Portomeñe descubríu este proveitosísimo filón socioeconómico, cultural e naturalmente relixioso.

O problema do Forum parece ser que foi que puxeron o carro diante dos bois e planteáronse uns obxectivos de visitantes difíciles de cumprir en época de crise, e xa desde o primeiro momento comprobouse a súa imposibilidade. Así a frustración acompañouno desde os primeiros días.

Está claro que non se pode impedir que ninguén organice calquera tipo de actividade porque aquí esteamos a vivir un acontecemento extraordinario, xa que se ancha é Castela máis é España. E son compatibles "Edades del hombre", "Forum", Xacobeo" e unha Expo se se tercia.

Pero a veteranía é un grado. E o Xacobeo ten carta de natureza garantizada, e seguiría funcionando só se se cadrara.

Algún Xacobeo haberá que pedir que o Forum veña a Compostela, e así xuntando as dúas celebracións todas as olladas estarán fixas nesta fin do mundo. Haberá que esperar pero o Xacobeo non ten presa. Ten -como diría Cunqueiro- como mínimo mil primaveras por diante.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES